As Torres Ífer son unha parella de rañaceos da cidade de Vigo. É o segundo edificio máis alto da cidade (o primeiro de carácter civil) tras a Cidade da Xustiza, e o décimo de Galicia. Tamén son coñecidas como as Torres do Círculo de Empresarios, por albergar a sede deste organismo.

Deben esa denominación á empresa Ifer SL, promotora dos edificios. Foron inauguradas en 1998, e desde entón víronse inmersas en procesos xudiciais após de seren declaradas ilegais nunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 19 de xaneiro de 2002.

Historia As torres de Ifer están situadas no terreo denominado como A Braña. A zona, de marcado carácter industrial durante o século XX, posuía no terreo unha fábrica de cervexas da empresa Unión Cervecera, que operou até o seu peche o 31 de decembro de 1989:

A empresa, que contaba con outras dúas plantas en Málaga e Valencia, recolocou ou indemnizou os empregados e fechou as súas portas. Finalmente, en 1994 a fábrica foi derribada. Nese mesmo ano aprobouse a licenza para construír no mesmo terreo dúas torres de 22 andares, que albergarían ao Club Financeiro de Vigo.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de rañaceos en Galicia

Categoría:Arquitectura civil en Vigo