Mónica López, nada nas Palmas de Gran Canaria o 30 de maio de 1969, é unha actriz española. Recibiu o Premio Ondas en 2024 á mellor intérprete feminina en ficción pola serie Rapa, así como o Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na 23ª edición dos premios.

Traxectoria Dende moi nova sentiu atracción pola interpretación. Aínda que na súa familia non houbo tradición teatral, no Colexio Alemán onde estudou foi partícipe de montaxes teatrales e da coral escolar. Alí estudou francés, inglés e alemán. Con 17 anos foi a presentadora do programa xuvenil Mermelada de futuro, emitido inicialmente na televisión rexional das Canarias e que logo pasou ao eido nacional.

Seguiu a recomendación da súa mestra Concha Doñaque, experta en voz e linguaxe no Centro Insular de Cultura das Palmas, que a animou a realizar as probas para entrar no Instituto del Teatro. Así foi como se trasladou a Barcelona en 1987. Aprendeu catalán e licenciouse en arte dramática. Tamén realizou cursos de interpretación con Francesco di Francescantonio, Dominic de Fazio, Bob McAndrew e James de Paul.

Diferentes medios salientaron a súa versatilidade na interpretación ao longo da súa carreira, pasando do teatro clásico a papeis dramáticos en televisión coa mesma mestría, aínda que de todas as disciplinas é no teatro onde di sentirse máis cómoda.

Notas

Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados nas Palmas de Gran Canaria Categoría:Actores de televisión de España Categoría:Actores de teatro de España Categoría:Actores de cinema de España Categoría:Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista