Medio dólar do Tricentenariode Connecticut "1935 Connecticut Tercentenary Half Dollar". American Numismatic ASsociation (Money.org)."½ Dollar Connecticut". Numista.com150x150px150x150pxA/: Aguia calva cara á esquerda. Lendas: UNITED STATES OF AMERICA / E PLURIBUS UNUM / HALF DOLLAR.R/: O Charter Oak en Hartford.. Lendas: IN GOD WE TRUST / LIBERTY / THE CHARTER OAK / CONNECTICUT / 1635-1935 Data: 1935 Ceca: US Mint: Ceca de Filadelfia (sen marca de ceca). Gravador: Henry Kreis. Aliaxe: prata (90 %) e cobre (10 %). Tiraxe total: 25.000 exemplares (mais 18 para a Comisión de Ensaios). Diámetro: 30,61 mm. Peso: 12,50 g. Espesor: 2,15 mm. Canto: estriado.
O medio dólar do Tricentenario de Connecticut é unha moeda estadounidense de prata con ese valor facial emitida en 1935 pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e cuñada na Ceca de Filadelfia, para conmemorar ou 300 aniversario da fundación da Colonia de Connecticut en 1635.
O deseño de Henry Kreis para esta moeda representa no seu reverso o Charter Oak (“O carballo da Carta”), onde a lenda di que se agochou a carta constituínte de Connecticut para evitar que fose confiscada polo gobernador xeral inglés. No anverso aparece unha aguia, do mesmo xeito que noutras moitas moedas estadounidenses. Este deseño de Kreis foi gabado xeralmente polos autores numismáticos.
A Comisión do Tricentenario de Connecticut quería que se emitise unha moeda de medio dólar e que os beneficios da súa venda se destinasen ao financiamento dos seus proxectos. O Congreso aprobou sen discrepancias un proxecto de lei, que se converteu en lei o 21 de xuño de 1934, cando o presidente Franklin D. Roosevelt o asinou, dispondo a emisión de 25.000 exemplares.
O deseño de Kreis era un proxecto da Administración de Obras Públicas e tecnicamente infrinxía a nova lei, que establecía que o Goberno federal non debía pagar polo deseño dunha moeda. Non obstante, o deseño foi aprobado pola Comisión de Belas Artes e, posteriormente, polo Departamento do Tesouro.
A Ceca de Filadelfia cuñou inicialmente 15.000 pezas, pero ao se venderen de camiño, a Comisión de Connecticut encargou as 10.000 que quedaban pendentes acolléndose á autorización. Estas tamén se esgotaron axiña. As moedas vendéronse no seu día a un prezo dun dólar por unidade, aínda que cos anos foron gañando valor no mercado do coleccionismo numismático ata acadar os centos de dólares por exemplar, en función do seu estado de conservación.
Antecedentes e contexto
O feito conmemorado miniatura|280x280px|Mapa da Colonia de Connecticut (1636-1776). Aínda que os colonos levaban anos desprazándose cara ao que pronto se había converter na Colonia de Connecticut, 1635 recoñécese como o ano da súa fundación, xa que foi aí cando John Winthrop o Novo foi recoñecido como o primeiro gobernador do futuro Estado de Connecticut. Naquel momento non se lle concedeu foro ningún, e Connecticut aínda podería ter sido absorbido pola Colonia da Baía de Massachusetts. Logo da Restauración do rei Carlos II, Winthrop viaxou a Inglaterra, onde conseguiu unha carta fundacional para Connecticut, asinada polo monarca e datada o 10 de maio de 1662.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 97-98.
Tras a morte de Carlos en 1685, Xacobe II subiu ao trono. En 1686, consolidou as colonias de Nova Inglaterra no Dominio de Nova Inglaterra, e nomeou gobernador xeral a Sir Edmund Andros. Os foros coloniais ían ser revocados, e cando Andros chegou a Hartford, planeaba facerse con eles. Segundo a lenda, cando anunciou a súa intención durante unha reunión celebrada o 31 de outubro de 1687, as candeas da sala apagáronse de súpeto, e Joseph Wadsworth levou o documento e agochouno nunha cavidade do Charter Oak,Slabaugh, A. R. (1975). Páxina 98. un carballo branco de arredor de 1.000 anos de antigüidade que crecía na propiedade da familia Wyllys.Flynn, K. (2008). Páxina 85. Logo da Revolución Gloriosa de 1688, que derrocou a Xacobe II, a carta foi sacada á luz de novo. O carballo foi arrancado de raíz nunha treboada na noite do 21 de agosto de 1856.
A idea da emisión conmemorativa En 1935, non era práctica habitual do Goberno estadounidense se encargase da comercialización das moedas conmemorativas que emitía. Nesa época, o Congreso adoitaba designar unha organización específica autorizada para as adquirir na casa da moeda ao seu valor nominal e a vendelas logo á poboación cun sobreprezo.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vii.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5.
No caso do medio dólar do Tricentenario de Connecticut, a lexislación habilitante especificaba que a organización autorizada sería a Comisión do Tricentenario de Connecticut, e que os ingresos se destinarían a financiar os proxectos desa comisión no marco do Tricentenario."Connecticut Tercentenary Commemorative Coin Legislation". United States Mint (Usmint.gov).
Proceso lexislativo O 26 de marzo de 1934, Francis T. Maloney, de Connecticut, presentou na Cámara de Representantes unha proposta de lei para a creación da moeda de medio dólar do tricentenario de Connecticut, que foi remitida á Comisión de Moeda, Pesos e Medidas. O 30 de abril, Andrew Somers, de Nova York, presentou un informe dunha páxina no que recomendaba que se aprobase o proxecto de lei, logo de ser emendado. Os cambios máis significativos eran o aumento da tiraxe autorizada dos 10.000 exemplares solicitados inicialmente aos 25.000, así como o requisito de que o Goberno federal non tivese que incorrer en gasto ningún no proceso de creación dos modelos a partir dos cales se prepararían os cuños de produción das moedas. Consonte esta emenda, sería a Comisión do Tricentenario a que debía pagar a un artista para que se encargase do deseño da moeda."To autorice coinage of 50-cent pieces in commemoration of the three hundredth anniversary of the founding of the Colony of Connecticut". En Congressional Record - House. 21 de maio de 1934. Páxina 9.181.
O proxecto de lei foi examinado pola Cámara de Representantes o 21 de maio de 1934. Non se produciu debate; as únicas preguntas foron de William McFarlane, de Texas, que preguntou se a moeda lle suporía algún custo ao Goberno federal e se sería Connecticut quen pagase os gastos. Maloney deulle garantías acerca deses dous puntos, e o proxecto de lei foi aprobado, na súa forma emendada.
A continuación, o proxecto de lei foi transmitido ao Senado para a súa consideración, e alí remitiuse á súa Comisión de Banca e Moeda. O 1 de xuño, o senador de Connecticut Frederic Walcott elevu o proxecto de lei ao pleno do Senado coa recomendación de que o aprobase,"Reports of Committees". En Congressional Record - Senate. 1 de xuño de 1934. Páxina 1.174. e así ocorreu o 13 de xuño, sen que se registrase ningún debate nin cuestionamento."Three hundred anniversary of founding of Connecticut". En Congressional Record - Senate. 13 de xuño de 1934. Páxina 11.276."H.R. 8833". En Congressional Record - Senate. 15 de xuño de 1934. Páxina 11.618. O presidente Franklin D. Roosevelt asinou o proxecto o 21 de xuño, para o converter na Lei pública 73-446, pola que se aprobaba a autorización para emitir o medio dólar do Tricentenario de Connecticut.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 289.
Preparación O deseño do medio dólar do Tricentenario de Connecticut foi un proxecto da Administración de Obras Públicas (parte do New Deal de 1933) e, como tal, constituíu unha violación técnica do requisito de que o Goberno federal non pagase polo deseño.Bowers, Q. D. (1991). Páxina 290. A Comisión do Tricentenario contratou a Henry Kreis para realizar o traballo, baixo a supervisión xeral por Paul Manship, un destacado escultor e medallista.Taxay, D. (1967). Páxinas v-vi, 156-157.
miniatura|Mary M. O'Reilly era a directora en funcións da US Mint cando se emitiu o medio dólar de Connecticut."Mary M. O'Reilly". Library of the Congress.
En novembro de 1934, Samuel H. Fisher, xefe da Comisión do Tricentenario, púxose en contacto con Eggerton Swartwout, que era membro da Comisión de Belas Artes dos Estados Unidos, xa que desde 1921 esta comisión tiña a encomenda de emitir ditames sobre todas as obras de arte públicas, entre as que se incluían as moedas. Swartwout expúxolle o procedemento a Fisher e díxolle que probablemente fose o escultor Lee Lawrie o membro da Comisión que se encargaría deste asunto. Así as cousas, Fisher envioulles a a Swartwout e a Lawrie fotografías dos modelos de escaiola xa elaborados por Kreis para a moeda, e tamén lles enviou senllas fotografías ao presidente da Comisión, Charles Moore, e á directora en funcións da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Mary M. O'Reilly.
Lawrie fixo algunhas críticas sobre o modelo inicialmente proposto, xa que opinaba que a cabeza e as gadoupas da aguia se parecían máis ás dun falcón, e que as estrelas entre a ave e o nome do país eran tan pequenas que non se chegaban a distinguirse. Swartwout escribiu a Moore o día 15 de novembro para lle comunicar que o deseño para a moeda contaba co firme apoio do profesor de historia da arte Theodore Sizer, da Universidade de Yale, que tamén era membro da Comisión do Tricentenario. A Comisión de Belas Artes examinou os modelos o 6 de decembro e finalmente aprobounos coa condición de que se tivesen en conta as críticas de Lawrie, o que se fixo na súa maior parte. A Lawrie non lle gustaba a póla escachada do lado dereito do carballo e quería que se cambiase, mais isto non chegou a cumprirse. Os modelos finais foron aprobados pola Comisión de Belas Artes a principios de febreiro, e o Departamento do Tesouro engadiu a súa aprobación o 6 de febreiro de 1935.Taxay, D. (1967). Páxinas 157-160. A compañía Medallic Art Company de Nova York encargouse de reducir os modelos a matrices do tamaño dunha moeda, que se enviaron á Casa da Moeda de Filadelfia, onde se utilizaron para fabricar os cuños de produción das moedas.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 77.
Deseño
Motivos e lendas O anverso da moeda representa reproduce o deseño dunha aguia sobre unha elevación rochosa. O nome do país e o valor facial da moeda rodean a aguia, co lema nacional E PLURIBUS UNUM á esquerda das súas poutas.Flynn, K. (2008). Páxina 84. Trece estrelas, que representan as colonias americanas orixinais, áchanse entre a aguia e as letras, pero son tan tenues que resultan invisibles nalgúns espécimes."1935 Connecticut Tercentenary Half Dollar". Earlycommemorativecoins.comminiatura|260x260px|The Charter Oak por Charles De Wolf Brownell (1857).Pola súa banda, o reverso representa o Charter Oak e está baseado nunha pintura de Charles De Wolf Brownell, que comezara a súa obra en 1855, un ano antes de que un raio derrubase a árbore. Debaixo do chan que rodea a base do árbore lese a inscrición CONNECTICUT 1635-1935; rodeando o carballo áchanse o seu nome, CHARTER OAK, así como os lemas nacionais IN GOD WE TRUST e LIBERTY, prescritivos nas moedas estadounidenses.
Valoracións críticas Stuart Mosher, no seu libro de 1940 sobre moedas conmemorativas, describiu a moeda de Connecticut como «unha das máis fermosas de toda a serie de medios dólares conmemorativos. A simplicidade coa que o artista retratou o enorme carballo é agradable para os máis críticos". En previsión dunha queixa polo feito de que as follas do carballo fosen proporcionalmente máis grandes do que debían, o profesor Sizer dixéralle a Swartwout que cumpriría agrandalas para que se visen,Taxay, D. (1967). Páxina 157. algo que Anthony Swiatek e Walter Breen, no seu libro de 1988 sobre moedas conmemorativas, cualifican de “perfectamente xustificado”.