Andrea Varela, nada en Cangas, Foz, é unha actriz galega. É coñecida por interpretar o papel de Erea no filme de Sonia Méndez As Neves (2024). Pola súa interpretación foi nomeada ao Premio Mestre Mateo á mellor interpretación feminina protagonista na 23ª edición dos premios.
Traxectoria Estudou no IES de Foz. É estudante de filoloxía galega na Universidade de Santiago de Compostela. Foi escollida para o seu primeiro papel no cinema no casting para As Neves entre 400 persoas.
Filmografía 2024: As Neves
Notas
Categoría:Actores de Foz Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados en Foz Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela