O Musée des Arts et Métiers (en galego: Museo das Artes e Oficios) é un museo de París que alberga as coleccións do Conservatoire national des arts et métiers, que foi fundado en 1794 como depósito para a protección de equipamentos científicos e descubrimentos.Conservatoire des Arts et Métiers Le prieuré Saint-Martin des Champs
Desde a súa fundación, o museo está situado no convento de Saint-Martin-des-Champs, na rue Réaumur, no 3º distrito de París. Na actualidade, o museo, que sufriu importantes reformas en 1990, conta cunha sucursal xunto ao mosteiro, quedando no propio mosteiro obxectos de gran tamaño.Tout ce qu’il faut savoir sur l’histoire du Musée des Arts et Métiers
O museo ten na súa colección preto de 80.000 obxectos e 15.000 pinturas, con 40.000 en París. Entre a colección hai unha versión orixinal do péndulo de Foucault.
Este museo aparece en obras escritas como a escena culminante da novela Il pendolo di Foucault, de Umberto Eco.
Pódese acceder ao museo a través da estación Arts et Métiers do metro de París.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina do Musée des Arts et Métiers
Categoría:Museos de París Categoría:Monumentos de Francia ca:Musée des Arts et Métiers