A Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft de Pauly (en galego, Real Enciclopedia da Antigüidade clásica de Pauly) tamén coñecida como Pauly-Wissowa (abreviado P.-W.) ou Pauly-Wissowa-Kroll, xeralmente citada simplemente como RE, é unha enciclopedia alemá que trata da Antigüidade clásica que se publicou dende 183 até 1978. Suma máis de cen volumes, incluíndo os seus suplementos, que son uns oitenta en total.
Foi concibida como unha reelaboración completa da Ur-Pauly, a Real-Enciclopedia da antigüidade clásica, creada por August Friedrich Pauly (1837–1864). Editouse, tamén, Der Kleine Pauly (1964–1975), publicada como unha edición compacta e modernizada que tamén era accesible para particulares. A partir de 1996, publicouse en 12 volumes, Der Neue Pauly, complementados por tres volumes sobre a historia da ciencia, así como unha serie de suplementos. miniatura| Portada do terceiro volume (1844), o derradeiro que Pauly viu publicado.
Diferentes edicións
Ur-Pauly A primeira edición foi a Real-Encyclopädie der Classischen Alterthumswissenschaft in Alphabetischer Ordnung ("Enciclopedia práctica do estudo da historia antiga clásica en orde alfabética") compilada orixinalmente por August Friedrich Pauly e tamén se coñece como Ur-Pauly. O primeiro volume publicouse en 1839 pero Pauly morreu en 1845 antes de que se completase o último mais, a obra, foi continuado por Christian Waltz e Wilhelm-Sigismund Teuffel quen completaron a primeira edición en seis volumes en 1852.Pauly & al. (1839–1852)
Teuffel publicou unha segunda edición do primeiro volume da enciclopedia de Pauly en 1861. O segundo volume revisado saíu en 1866 e o resto da obra quedou incompleta.Teuffel (1861–1866)
A gran “ ” En 1890, Georg Wissowa comezou unha nova e ambiciosa edición que pretendía rematar en dez anos -Paulys Real-Encyclopädie der Classischen Altertumswissenschaft ("Enciclopedia práctica de Pauly do estudo da historia antiga clásica")-, máis comunmente coñecida como Pauly-Wissowa (abreviatura PW), foi planeada de novo para o seu editor inicial. Porén, morreu antes de rematalo e o traballo foi continuado por Wilhelm Kroll, Kurt Witte, Karl Mittelhaus e Konrat Ziegler, e a serie non se completou até 1972, e se lle engadiron suprlementos até 1978, e un índice en 1980; en total 84 volumes.Wissowa et alii (1894-1980)
Cada artigo foi escrito por un recoñecido experto en cada campo pero, ao ser un traballo que abrangue tres xeracións, algunhas das súas hipóteses varían radicalmente dependendo do ano do artigo. Moitas das primeiras biografías foron escritas por Elimar Klebs, Paul von Rohden, Friedrich Münzer e Otto Seeck. Primeira serie, A–Q Tomo I, Medio tomo 1–2, Aal–Apollokrates (1894) Tomo II, Medio tomo 3, Apollon–Artemis (1895) Tomo II, Medio tomo 4, Artemisia–Barbaroi (1896) Tomo III, Medio tomo 5, Barbarus–Campanus (1897) Tomo III, Medio tomo 6, Campanus ager–Claudius (1899) Tomo IV, Medio tomo 7, Claudius mons–Cornificius (1900) Tomo IV, Medio tomo 8, Corniscae–Demodoros (1901) Tomo V, Medio tomo 9–10, Demogenes–Ephoroi (1905) Tomo VI, Medio tomo 11, Ephoros–Eutychos (1907) Tomo VI, Medio tomo 12, Euxantios–Fornaces (1909) Tomo VII, Medio tomo 13, Fornax–Glykon (1910) Tomo VII, Medio tomo 14, Glykyrrhiza–Helikeia (1912) Tomo VIII, Medio tomo 15, Helikon–Hestia (1912) Tomo VIII, Medio tomo 16, Hestiaia–Hyagnis (1913) Tomo IX, Medio tomo 17, Hyaia–Imperator (1914) Tomo IX, Medio tomo 18, Imperium–Iugum (1916) Tomo X, Medio tomo 19, Iugurtha–Ius Latii (1918) Tomo X, Medio tomo 20, Ius Liberorum–Katochos (1919) Tomo XI, Medio tomo 21, Katoikoi–Komödie (1921) Tomo XI, Medio tomo 22, Komogrammateus–Kynegoi + Register of I–X & Suppl. I–III (1922) Tomo XII, Medio tomo 23, Kynesioi–Legio (1924) Tomo XII, Medio tomo 24, Legio–Libanon (1925) Tomo XIII, Medio tomo 25, Libanos–Lokris (1926) Tomo XIII, Medio tomo 26, Lokroi–Lysimachides (1927) Tomo XIV, Medio tomo 27, Lysimachos–Mantike (1928) Tomo XIV, Medio tomo 28, Mantikles–Mazaion (1930) Tomo XV, Medio tomo 29, Mazaios–Mesyros (1931) Tomo XV, Medio tomo 30, Met–Molaris lapis + Register of I–XV, IA–IVA & Suppl. I–V (1932) Tomo XVI, Medio tomo 31, Molatzes–Myssi (1933) Tomo XVI, Medio tomo 32, Mystagogos–Nereae (1935) Tomo XVII, Medio tomo 33, Nereiden–Numantia (1936) Tomo XVII, Medio tomo 34, Numen–Olympia (1937) Tomo XVIII, Medio tomo 35, Olympia–Orpheus (1939) Tomo XVIII, Medio tomo 36.1, Orphische Dichtung–Palatini (1942) Tomo XVIII, Medio tomo 36.2, Palatinus–Paranatellonta (1949) Tomo XVIII, Medio tomo 36.3, Paranomon graphe–Pax (1949) Tomo XIX, Medio tomo 37, Pech–Petronius (1937) Tomo XIX, Medio tomo 38, Petros–Philon (1938) Tomo XX, Medio tomo 39, Philon–Pignus (1941) Tomo XX, Medio tomo 40, Pigranes–Plautinus (1950) Tomo XXI, Medio tomo 41, Plautius–Polemokrates (1951) Tomo XXI, Medio tomo 42, Polemon–Pontanene (1952) Tomo XXII, Medio tomo 43, Pontarches–Praefectianus (1953) Tomo XXII, Medio tomo 44, Praefectura–Priscianus (1954) Tomo XXIII, Medio tomo 45, Priscilla–Psalychiadai (1957) Tomo XXIII, Medio tomo 46, Psamathe–Pyramiden + Register of I–XXIII, IA–VIIIA & Suppl. I–VIII (1959) Tomo XXIV, Medio tomo 47, Pyramos–Quosenus (1963)Segunda serie, R–Z Tomo IA, Medio tomo 1, Ra–Ryton (1914) Tomo IA, Medio tomo 2, Saale–Sarmathon (1920) Tomo IIA, Medio tomo 3, Sarmatia–Selinos (1921) Tomo IIA, Medio tomo 4, Selinuntia–Sila (1923) Tomo IIIA, Medio tomo 5, Silacenis–Sparsus (1927) Tomo IIIA, Medio tomo 6, Sparta–Stluppi (1929) Tomo IVA, Medio tomo 7, Stoa–Symposion (1931) Tomo IVA, Medio tomo 8, Symposion–Tauris (1932) Tomo VA, Medio tomo 9, Taurisci–Thapsis (1934) Tomo V A, Medio tomo 10, Thapsos–Thesara (1934) Tomo VI A, Medio tomo 11, Thesauros–Timomachos (1936) Tomo VI A, Medio tomo 12, Timon–Tribus (1937) Tomo VII A, Medio tomo 13, Tributum–M. Tullius Cicero (1939) Tomo VII A, Medio tomo 14, M. Tullius Cicero–Valerius (1948) Tomo VIII A, Medio tomo 15, Valerius Fabrianus–P. Vergilius Maro (1955) Tomo VIII A, Medio tomo 16, P. Vergilius Maro–Vindeleia (1958) Tomo IX A, Medio tomo 17, Vindelici–Vulca (1961) Tomo IX A, Medio tomo 18, Vulcanius–Zenius (1967) Tomo X A, Medio tomo 19, Zenobia–Zythos (1972)
Suplementos Suplemento I, Aba–Demokratia (1903) Suplemento II, Herodes–Herodotos (1913) Suplemento III, Aachen–ad Iuglandem (1918) Suplemento IV, Abacus–Ledon + Delphoi (1924) Suplemento V, Agamemnon–Statilius (1931) Suplemento VI, Abretten–Thunudromon (1935) Suplemento VII, Adobogiona–Triakadieis (1940) Suplemento VIII, Achaios–Valerius (1956) Suplemento IX, Acilius–Utis (1962) Suplemento X, Accaus–Uttiedius (1965) Suplemento XI, Abragila–Zengisa (1968) Suplemento XII, Abdigildus–Thukydides (1970) Suplemento XIII, Africa Proconsularis–Viae publicae Romanae (1973) Suplemento XIV, Aelius–Zone (1974) Suplemento XV, Acilius–Zoilos (1978)
O «Pequeno » O prezo e tamaño do "» sempre foron considerables e, por iso, Metzler Verlag levou a cabo a publicación do «Pequeno » ( ) en cinco volumes, entre 1964 e 1975.Ziegler & al. (1964–1975)
O «Novo » De 1996 a 2003 publicouse gradualmente unha nova versión actualizada, chamada (o Novo Pauly), composta por 12 volumes sobre a antigüidade editados principalmente por Hubert Cancik e Helmuth Schneider, 3 volumes sobre a tradición clásica editados principalmente por Manfred Landfester, e un índice.Cancik & al. (1996–2012)Landfester & al. (2002–2014)Landfester & al. (2010)
Os suplementos publícanse regularmente desde 2004 en tradución ao alemán e ao inglés. Entre outras diferenzas de numeración, hai un suplemento menos na edición inglesa que na alemá porque na edición alemá se contou como suplemento o índice da "Tradición clásica".
Entre 2002 e 2014 publicouse unha nova edición en inglés de 28 volumes chamada (en galego, Novo Pauly de Brill: Enciclopedia do Mundo Antigo). Brill's New Pauly está dispoñible en liña no sitio web Brill Publishing, mediante subscrición (destinado a institucións como bibliotecas universitarias para o seu banco de recursos electrónicos).
CD-ROM O índice está dispoñible en formato CD-Rom.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos A Dictionary of Greek and Roman Antiquities. Enciclopedia Británica
Ligazóns externas Paulys Real-Encyclopädie der classischen Altertumswissenschaft Der neue Pauly : Enzyklopädie der Antike
Categoría:Enciclopedias en alemán Categoría:Enciclopedias en liña Categoría:Historiografía clásica Categoría:Enciclopedias en inglés