The Lord of the Rings: The War of the Rohirrim é un filme de 2024 dirixido por Kenji Kamiyama a partir dun guión de Jeffrey Addiss, Will Matthews, Phoebe Gittins e Arty Papageorgiou, baseándose nos personaxes de J. R. R. Tolkien. É unha coprodución entre os Estados Unidos de América, o Xapón e Nova Zelandia. Está ambientado 200 anos antes da historia das triloxías de Peter Jackson The Lord of the Rings (2001–2003) e The Hobbit (2012–2014), e conta a historia do lendario rei de Rohan Helm Hammerhand. Cando os veciños dunlendingos propoñen un matrimonio á súa filla Héra, Helm mata sen querer o seu líder nunha pelexa e comeza unha guerra. Está protagonizado por Brian Cox como Helm e Gaia Wise como Héra, xunto con Luke Pasqualino, Laurence Ubong Williams, Lorraine Ashbourne e Miranda Otto. Presentado por New Line Cinema, foi producido por Warner Bros. Animation e Sola Entertainment en asociación con WingNut Films e Domain Entertainment.

Personaxes Brian Cox como Helm Hammerhand Gaia Wise como Héra Luke Pasqualino como Wulf Laurence Ubong Williams como Fréaláf Hildeson Lorraine Ashbourne como Olwyn Miranda Otto como Éowyn

Notas

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes de Nova Zelandia Categoría:Filmes dirixidos por Kenji Kamiyama Categoría:Filmes producidos por Peter Jackson Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes de New Line Cinema Categoría:Filmes de WingNut Films