miniatura|Edificio Lloyd's (Londres, 1984)

miniatura|Estadio Millenium (Londres, 1999) miniatura|Terminal 4 do Aeroporto de Barajas (Madrid, 2005)

Richard George Rogers, nado en Florencia o 23 de xullo de 1933 e finado en Londres o 18 de decembro de 2021, foi un arquitecto británico coñecido ao redor do mundo polos seus modernos e funcionais deseños. Estudou na Architectural Association School of Architecture de Londres, antes de obter o graduado na Escola de Arquitectura da Universidade Yale no 1962. Entre outros moitos recoñecementos, recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura no 2007.

Traxectoria Na Universidade de Yale coñeceu a Norman Foster, co cal formaría no seu retorno á Inglaterra o grupo de practicas Team 4 (Equipo de catro) e mais coas súas respectivas mulleres, Sue Rogers e Wendy Cheesman. Non pasou moito tempo para que comezaran a gañar reputación e fama polos seus deseños industriais high-tech.

No 1967, logo de rematar o seu período de prácticas, únese ao arquitecto Renzo Piano. Un dos seus primeiros encargos foi unha casa e estudo para Humphrey Spender preto de Maldon, Essex. Tratábase dun cubo de vidro cunha estrutura feita na súa meirande parte con vigas de aceiro en I. A súa carreira colleu pulo cando gañou o concurso para o deseño do Centro Pompidou de París o 13 de xullo de 1971 xunto con Renzo Piano e Peter Rice. Neste deseño establecíase un dos sinais máis recoñecíbeis do que logo será o seu estilo. Trátase de deixar visíbeis ao exterior a maioría das instalacións do edificio, como a instalación de auga, calefacción e escaleiras, deixando deste xeito os espazos interiores baleiros e cun certo orde.

Aínda que o Centro Pompidou é agora un dos espazos máis visitados e admirados da capital francesa, non se librou dunha certa controversia por parte dos críticos nos primeiros anos logo da súa inauguración, poñendo en dúbida o novidoso estilo "inside-out" (o de dentro para fóra).

Proxectos Casa Roger, Wimbledon, Reino Unido (1967) Casa e estudo de Humphrey Spender, Essex, Reino Unido (1968) Pavillón italiano na exposición universal de Osaka, Xapón (1970) Centro comercial de Fitzroy street, Australia (1970) Centro Pompidou, París, Francia (1972–78) Centro PATS, Cambridge, Reino Unido (1975) Edificio Lloyd's, Londres, Reino Unido (1979–84) Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos, Estrasburgo, Francia (1984) Estadio Millenium Londres, Reino Unido (1999) Y Senedd, novo edificio da Asemblea Nacional de Gales, Cardiff, Reino Unido (2006) Aeroporto de Barajas Terminal 4, Madrid, España (2005) 88 Wood Street Londres, Reino Unido (1993-2001) Courts of Law, Antuerpen, Bélxica (2005) Hotel Hesperia Tower, Barcelona, España (2006) Bodegas Protos, Peñafiel, España (2007) Centro tecnolóxico Palmas Altas, Sevilla, España (2009) Torres Atrio, Bogotá, Colombia (en construción)

Notas

Véxase tamén Outros artigos Arquitectura Premio Pritzker Ligazóns externas Richard Rogers (páxina oficial)

Categoría:Arquitectos do Reino Unido Categoría:Premio Pritzker Categoría:Nados en Florencia Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2021 Categoría:Alumnos da Universidade Yale