miniatura|Denario de Maximino Tracio, primeiro dos emperadores do período da anarquía militar."Denarius - Maximinus Thrax". Numista.com

As moedas de Maximino Tracio a Emiliano son conxunto de moedas emitidas por Roma durante os reinados de máis dunha ducia de emperadores da primeira parte do período chamado de anarquía militar, do 235 ao 253, sucesores de Alexandre Severo —derradeiro da dinastía Severa—: Maximino Tracio (235-238), Gordiano I (238), Gordiano II (238), Pupieno (238), Balbino (238), Gordiano III (238-244), Filipo o Árabe (244-249), Decio cos seus fillos Herenio Etrusco e Hostiliano (249-251), Treboniano Galo co seu fillo Volusiano (251-253) e, finalmente, Emiliano (253).

Contexto histórico

Cando Alexandre Severo foi asasinado por instigación do xeneral Maximino Tracio, este sucedeuno en 235.Aurelio Víctor. Epitome ....Eutropio. Breviarium.... Liber. IX. Tres anos máis tarde, Maximino foi asasinado polas súas propias tropas, a Legio II Parthica, acampadas preto de Aquileia en maio de 238.Mazzarino, S. (1973). Sucedérono en poucos meses Gordiano I —que morreu por suicidio—, Gordiano II —morto en batalla—, Pupieno e Balbino —dous senadores asasinados pola Garda Pretoriana— e, finalmente, Gordiano III, que reinou ata 244, pero que probablemente fose asasinado por instancias do prefecto pretoriano Filipo o Árabe. Filipo, que sucedeu a Gordiano no trono imperial, caeu en batalla contra o seu rival Decio en 249, quen pola súa vez morreu xunto ao seu fillo Herenio Etrusco, que o sucedería, na batalla de Abrito contra os godos en 251. miniatura|Maximino Tracio|213x213px Decio foi sucedido por Treboniano Galo, que asociou ao trono primeiro o fillo máis novo de Decio, Hostiliano (en 251), e despois o seu propio fillo, Volusiano. Este último tamén pereceu en combate a mans de soldados instigados polo futuro emperador Emiliano. Emiliano non durou máis de tres meses, xa que morreu tamén a mans dos seus propios soldados, preto de Spoleto.

Maximino Tracio

Maximino Tracio foi o primeiro bárbaro que alcanzou a púrpura imperial, grazas ao consentimento das lexións, sen ter nacido coa cidadanía romana,Scriptores Historiae Augustae. Historia Augusta. e sen ser senador. Foi tamén o primeiro emperador que nunca pisou Roma, xa que pasou os seus tres anos de reinado ocupado en campañas militares, e o primeiro emperador-soldado do século III. Morreu preto de Aquilea tras unha sedición das súas tropas.

+Título imperialVecesDataciónTribunicia potestasCatro20 de marzo de 235; renovado anualmente o 10 de decembro.CónsulUnhaAno 236."EDCS-12100851". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).Cognomina ex virtuteGermanicus Maximus"EDCS-16800213". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). en 235,"EDCS-25700350". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-72700005". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). Dacicus MaximusLe Bohec, Y. (1992). L'esercito romano. Le armi imperiali da Augusto alla fine del III secolo. Carocci. ISBN 978-8843000708"EDCS-08900694". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). en 236/7, Sarmaticus Maximus en 237."EDCS-12400223". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-24500536". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu).ImperatorSeisPrimeiro o 20 de marzo de 235; segunda vez en 235;"EDCS-05600098". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). resto en 237.OutrosPontifex Maximus,"EDCS-09500164". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). Pater Patriae, Pius"EDCS-09001333". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). e Felix en 235.

Temas principais das emisións

Maximino, o seu fillo César e a súa muller Paulina Maximino foi aclamado Imperator, segundo a versión da Historia Augusta, só despois da morte de Alexandre. Era a primeira vez que tal cousa ocorría no caso dun militar, aínda non senador, e ademais sen ningún decreto do Senado. Tamén se lle deu como colega no imperio o seu fillo Caio Xulio Vero Máximo, a quen se lle outorgou o título de Princeps Iuventutis («príncipe da xuventude»). Asemade, a súa defunta esposa, Caecilia Paulina, foi deificada. A elección dos lexionarios tamén foi confirmada posteriormente pola Garda Pretoriana e ratificada polo Senado romano, que, pola contra, non vía con bos ollos un emperador de orixe bárbara. ImaxeValorAnversoReversoCuñaxeDatosCatalogaciónligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:Gaius_Iulius_Verus_Maximus_denarius_236.jpg|225x225pxDenarioIVL VERVS MAXIMVS CAES; busto de Caio Xulio drapeado cara á dereita.PIETAS AVG, lituus, coitelo, xerra, simpulum e aspergillum.235/2383,06 gRIC Maximinus Trax, IVb, 1; BMCRER. A. G. Carson; Mattingly, H. (1962). 118; RSCSeaby, H. A.; Sear, D. R. (1987). 1.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:RIC_0001.jpg|225x225pxDenarioDIVA PAVLINA; busto de Paulina velado e drapeado cara á dereita.CONSECRATIO, pavón de fronte coa cola despregada.2353,36 gRIC Maximinus Trax, IV 1; BMCRE 135; RSC 1.

Campañas militares contra xermanos e sármatas (235-237) A presión dos bárbaros ao longo das fronteiras setentrionais e a presión simultánea dos Sasánidas en Oriente estenderan a sensación de que o Imperio estaba cercado polos seus inimigos. As ferramentas da diplomacia tradicional, utilizadas desde a época de Augusto e baseadas na ameaza do uso da forza e o fomento das disensións internas entre as tribos hostís para as manter enfrontadas entre si, amosaban agora escasos resultados.

Cumpría recorrer inmediatamente á forza, despregando exércitos tacticamente superiores, capaces de interceptar canto antes calquera posible vía de invasión dos bárbaros. No entanto, a estratexia dificultábase ao ter que gornecer inmensas extensións de fronteira con continxentes militares na súa maioría escasos.

Con este fin, entre 235 e 236 o emperador levou a cabo a súa primeira campaña contra a federación xermánica dos Alamanos,Herodiano. Historia do Imperio... utilizando Mogontiacum como «cuartel xeral» e cruzando as fronteiras imperiais na zona de Taunus.Ritterling, E. (1924-1925). Realencyclopädie of Klassischen Altertumswissenschaft. Stuttgart. Maximino cría que era unha prioridade do Imperio librar unha guerra «antixermánica», e continuou loitando contra os xermanos, ata conseguir non só rexeitar as súas incursións ao longo do Limes Germanicus, senón tamén penetrar en Xermania. O Senado romano honrouno co título de Germanicus Maximus,"EDCS-30400030". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). e as moedas celebraron os seus títulos de Salus Augusta e Pax Augusti.

Trasladouse, xa que logo, a Panonia, en Sirmium, para pasar o inverno de 235 a 236, e dirixiu novas campañas contra os Sármatas da chaira do Tisza, que intentaran cruzar o Danubio logo duns cincuenta anos de paz ao longo das súas fronteiras, e contra os veciños Quadi, como parecen testemuñar algunhas inscricións achadas na zona de Brigetio."EDCS-44200235". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-28900080". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-30100525". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). Maximino Tracio tiña un soño: emular a Marco Aurelio e conquistar a Xermania Magna libre. O seu cuartel xeral, situado en Sirmium, atopábase no centro da fronte de Panonia Inferior e Dacia. Así o relata a Historia Augusta: ImaxeValorAnversoReversoCuñaxeDatosCatalogaciónligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_16-783827.jpg|225x225pxDenarioIMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.VICTORIA AVG, Vitoria camiñando cara á dereita, sostendo coroa e palma.23520 mm; 3,16 gRIC Maximinus Trax, IV 16; BMCRE 25-6 var.; RSC 99.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_12-876901.jpg|225x225pxDenarioIMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.PAX AUGUSTI, deusa Pax de fronte ollando cara á esquerda, con póla de oliveira e cetro.23620 mm, 2,95 gRIC Maximinus Trax, IV 12; RSC 31a.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_90-151321.jpg|225x225pxSestercioMAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.VICTO-RIA GERMANICA / S C; Vitoria en pé cara á esquerda, con coroa e palma; prisioneiro aos pés.23628 mm; 18,44 gRIC Maximinus Trax, IV 90; BMCRE 194; CohenCohen, H. (1860). Description Historique des monnaies frappées sous l'Empire Romain. Vol. III; Vol. IV. Rollin, Paris. 109.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_85-871926.jpg|225x225pxSestercioMAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.SALVS AVGVST I e SC no exergo; Salus sedente cara á esquerda con pátera; serpe saíndo de altar.23630 mm; 21,53 gRIC Maximinus Trax, IV 85; BMCRE 175–6.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:Maximinus_I_Denarius_237.jpg|225x225pxDenarioMAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.P M TR P III COS P P; o emperador en pé entre estandartes lexionarios, cun cetro na man dereita.2373,08 gRIC Maximinus Trax, IV 5; BMCRE 161; RSC 64.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:Maximinus_I_%C3%86_Sestertius_238_681174.jpg|225x225pxSestercioMAXIMINVS PIVS AVG GERM; busto de Maximino laureado e drapeado cara á dereita.P M TR P IIII COS P P; emperador en pé entre estandartes lexionarios, cun cetro na man dereita.23821,19 gRIC Maximinus Trax, 40; BMCRE 221; Cohen 71.

Lealdade do exército, donativum e congiarium aos provinciais Logo de estoupar a rebelión en África contra Maximino Tracio, Gordiano I apresurouse a enviar numerosas mensaxes aos que consideraba os cidadáns máis ricos de Roma, así como ao Senado e ao propio pobo de Roma, prometendo gran clemencia para quen cooperar. Aos soldados da Garda Pretoriana e da Legio II Parthica distribuíuselles un donativum, e ao pobo de Roma unha nova repartición de diñeiro. Maximino fixo o mesmo, especialmente coas tropas que aínda lle eran leais e os provinciais. ImaxeValorAnversoReversoCuñaxeDatosCatalogaciónligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_7a-876900.jpg|225x225pxDenarioIMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e acoirazado cara á dereita.FIDES MILITVM; Fides de pé cara á esquerda, cun vexillum en cada man apoiado no chan.23620 mm; 3,17 g.RIC IV 7a; RSC 7a.ligazón=https://en.wikipedia.org/wiki/File:MAXIMINUS_I-RIC_IV_48-2670464.jpg|225x225pxSestercioIMP MAXIMINVS PIVS AVG; busto de Maximino laureado e acoirazado cara á dereita.LIBERALITAS AVG; Maximino sedente cara á esquerda, sobre plataforma; soldados detrás; Liberalitas en pé á esquerda con cornucopia.23627 mm; 15,00RIC IV 48.

Os dous primeiros Gordianos (238)

O crecente descontento xeneral cara ao goberno do emperador Maximino Tracio culminou na rebelión de África en marzo de 238. Gordiano I, impulsado polo clamor popular, asumiu o cargo e o cognomen de Africanus,"EDCS-10400762". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-46900342". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu)."EDCS-09700761". Epigraphik-Datenbank Clauss / Slaby (db.edcs.eu). o 22 de marzo. Por mor da súa avanzada idade, insistiu en que o seu fillo, Marco Antonio Gordiano (Gordiano II), se asociase con el. O Senado confirmou a Gordiano como novo emperador xunto co seu fillo, e ao seu sobriño Gordiano III prometéuselle o pretorio, o consulado e o título de César, en tanto que Maximino e o seu fillo foron proclamados «inimigos públicos», e a maioría das provincias se puxeron do lado de Gordiano I, coa excepción dunhas poucas cidades aínda leais a Maximino.

O reinado dos dous primeiros Gordianos durou pouco, apenas vinte días, xa que o gobernador de Numidia, Capeliano, que mantiña a súa lealdade a Maximino Tracio, invadiu a provincia de África e dirixiuse a Cartago, onde Gordiano II foi derrotado e morto en batalla. Tras a morte do seu fillo, Gordiano I suicidouse, aforcándose cun cinto.