Gumersindo Ouro Vázquez, nado en Palas de Rei cara a 1895, foi un carpinteiro e político galego.
Traxectoria Fillo de José Ouro Arias e irmán de Roberto Ouro Vázquez. Durante a Segunda República foi vicepresidente da Agrupación Socialista Agraria-UGT de Palas de Rei en 1932. Despois afiliouse a Falange. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi xefe das milicias falanxistas que participaron na represión. Foi nomeado concelleiro de Palas de Rei.BOP Lugo, 28-8-1936, p. 2. En xaneiro de 1937 foi nomeado capataz de camiños de Palas de Rei.BOP Lugo, 28-4-1937, p. 1-2. Saíu para a fronte de León mandando unha Falange e ao regreso a Palas fíxóse cargo da Xefatura local do Movimiento. En 1939 foi nomeado xuíz municipal de Palas de Rei.BOP Lugo, 7-8-1939, p. 3. Detido na Prisión de Lugo o 20 de maio de 1939, foi xulgado en Lugo o 11 de xullo de 1939 na causa 295/38 por auxilio á rebelion e sobresido provisionalmente. En febreiro de 1942 foi destituído e procesado, acusado de ser dirixente do PSOE, pero non foi condenado. En outubro de 1948 foi denunciado polo concello de Palas de Rei ao respecto do seu comportamento como recadador de arbitrios de bebidas.BOP Lugo, 1-3-1949, p. 2-3.BOP Lugo, 27-8-1949, p. 4. Volveu ser concelleiro de Palas de Rei en 1961.BOP Lugo, 15-11-1961, p. 2.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas
Ficha en represión franquista en Lugo
Categoría:Falanxistas Categoría:Concelleiros de Palas de Rei Categoría:Concelleiros de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Palas de Rei Categoría:Nados en 1895
Categoría:Finados en ano descoñecido