Galicia feudal é unha obra de divulgación histórica da xornalista Victoria Armesto, publicada por Editorial Galaxia en 1969.

Contido

A obra ten trece capítulos: "El culto jacobeo", "Raíces galaicas del culto jacobeo", "Prisciliano", Santiagoy Córdoba", "Fiel pero desdichado", "Triunfo y tragedia de Gelmírez", "El tercer pie del peregrino", "Los gallegos y don Pedro el Cruel", "Os Irmandiños", "Los condes locos", "Las cadenas del Hospital Real", "Galicia ante las Comunidades de Castilla" e "Fonseca y las Germanías". A maiores, conta con bibliografía e un índice onomástico.

Nos agradecementos a autora refírese a Carlos Martínez-Barbeito, Harri Meier, Juan Naya, Isabel Martínez-Barbeito, María África Ibarra, Emilio González López, Ramón Martínez López, Ramón Otero Pedrayo e Álvaro Gil. A autora explica que comezara a escribir a obra cinco anos atrás no Romanische Seminar da Universidade de Bonn. Acollida

En 1970 Victoria Armesto acadou o Pedrón de Ouro pola achega histórica realizada co libro.

Edicións A primeira edición de 1969 realizouse en dous tomos, e en 1971 saíu unha segunda edición nun único volume, cunha faixa co texto "El gran reportaje histórico de la Edad Media Gallega". En 1994 saíu publicado na colección Biblioteca Gallega de La Voz de Galicia.

Notas

Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Obras literarias de 1969 Categoría:Editorial Galaxia