Domingo Fernández del Riego, nado en Vilanova de Lourenzá (Lourenzá) o 25 de abril de 1916 e finado en Vigo o 10 de outubro de 1978, foi un farmacéutico e activista cultural galego.
Traxectoria Estudou Farmacia na Universidade de Santiago de Compostela. Vinculado ao galeguismo dende novo, integrouse na Mocedade Galeguista de Santiago da que foi elixido secretario xeral en 1934.El Compostelano, 9-2-1934, p. 2. Farmacéutico na rúa do Príncipe de Vigo. Foi fundador de COFANO (Cooperativa Farmacética del Noroeste), impulsou a liturxia en galego e foi fundador da editorial SEPT. Nos últimos anos do franquismo foi un dos fundadores do Partido Galego Social Demócrata. Finou en Vigo o 10 de outubro de 1978.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 11-10-1978, p. 49.
Vida persoal Casou con Cristina García Suárez.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas O boticario vigués Domingo Fernández del Riego, home bo e xeneroso comprometido con Galicia
Categoría:Farmacéuticos de Galicia
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1916 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes