⅓ de farthing "⅓ Farthing - George V". Numista.comXurxo V (1910-1936)120|110x110px120|110x110px A/: Cabeza espida de Xurxo V cara á esquerda. Lendas: GEORGIVS V D.G.BRITT:OMN:REX F.D.IND:IMP: R/: Valor facial e data, coa coroa real arriba e rodeado por coroa de carballo. Lendas: ONE THIRD / FARTHING / 1913 Data: 1913. País: Reino Unido (para uso en Malta). Ceca: Royal Mint. Gravador: E. B. MacKennal (A/) e L. C. Wyon (R/). Metal: Bronce. Diámetro: 15,00 mm. Peso: 0,94 g. Canto: liso.

O terzo de farthing foi unha moeda británica co valor de 1⁄2880 da libra, 1⁄144 do xilin ou 1⁄12 de penique. Cuñouse en cobre en 1827, 1835 e 1844, e en bronce en varios anos entre 1866 e 1913, e o seu uso estaba autorizado unicamente no territorio de Malta, malia formar parte do conxunto de moedas divisionarias do sistema da libra esterlina, que tamén se utilizaba nesta illa mediterránea.Peck, C. W. (1960). Páxina 391.

Historia

Antecedentes e creación Cando Malta pasou a ser un protectorado británico en 1800, o padrón monetario local era o escudo maltés emitido polos Cabaleiros Hospitalarios no século XVIII, aínda que tamén circulaban moedas estranxeiras. Un escudo podía dividirse en 240 grans, que eran pequenas moedas de bronce."The Coinage of Malta: British Era, 1800-1964". Centralbankmalta.org Coloquialmente, os malteses referíanse a un gran —e máis tarde a un terzo de farthing— co termo ħabba, a palabra maltesa para «gran»."One-third farthing". Centralbankmalta.org Xa que logo, a moeda de máis baixo valor do sistema británico cuñada ata daquela, o farthing ou cuarto de penique, equivalía a tres grans."Coin - 1/3 Farthing, Malta, 1827". Collections.museumsvictoria.com.au

En 1825, as autoridades británicas converteron a moeda británica no padrón monetario de Malta. O 3 de novembro de 1827, unha proclamación declaraba as moedas de cobre británicas como a única moeda de cobre de curso legal da colonia, e ordenaba que se puxese «unha moeda de cobre de menor valor que o farthing británico ao dispor da poboación».Peck, C. W. (1960). Páxina 398.

Moeda de cobre A Real Casa da Moeda de Londres emitiu 1.440.000 exemplares de moedas dun terzo de farthings, para substituír os antigos grans. Aínda que, en efecto, o terzo de farthing se encadraba no padrón monetario británico, estas moedas utilizábanse exclusivamente en Malta e non tiñan curso legal no Reino Unido."Fractional farthings". Royalmintmuseum.org.uk

O gobernador de Malta solicitara ás autoridades da metrópole que as moedas levasen a lenda MALTA / ONE GRAIN, mais no canto diso os funcionarios da Royal Mint utilizaron os deseños que William Wyon creara xa para o anverso e para o reverso do farthing británico. No anverso desta primeira emisión figuraba o retrato de Xurxo IV e a data, en tanto que no reverso se reproducía unha personificación de Britannia sedente e cun escudo e un tridente, rodeada pola lenda BRITANNIAR: REX FID: DEF:. Estes primeiros terzos de farthing de 1827, cuñados en cobre, pesaban entre 1,5 e 1,6 gramos, e tiñan un diámetro de 16 milímetros."⅓ Farthing - George IV". Numista.comClayton, T. "Coins of England and Great Britain: Fractional Farthings: The Third Farthing". Coins-of-the-uk.co.uk

En 1835"⅓ Farthing - William IV". Numista.com"Coin - 1/3 Farthing, Malta, 1835". Collections.museumsvictoria.com.au e 1844"⅓ Farthing - Victoria 1st portrait". Numista.com"Proof Coin - 1/3 Farthing, Malta, 1844". Collections.museumsvictoria.com.au autorizáronse emisións posteriores en cobre do mesmo tamaño e peso, mais cos retratos e as lendas no anverso alusivos a Guillerme IV e á raíña Vitoria, respectivamente, realizados igualmente por William Wyon.Peck, C. W. (1960). Páxinas 402, 415.

Moeda de bronce miniatura|110x110px|Reverso de ⅓ farthing de bronce da raíña Vitoria (1868)."⅓ Farthing - Victoria 2nd portrait". Numista.com No marco do proceso de substitución da moeda de cobre británica da década de 1860, en 1866 retomouse a emisión dos terzos de farthing, aínda que nesta ocasión en bronce, no canto do cobre, e alixeirados en peso e diámetro, xa que pesaban entre 0,9 e 1,0 gramos, e medían 15 milímetros. O seu anverso amosaba un retrato da raíña Vitoria laureada, en tanto que o reverso se redeseñou para incluír a indicación do valor facial e a data, rodeadas dunha coroa de follas de carballo"Proof Coin - 1/3 Farthing, Malta, 1878". Collections.museumsvictoria.com.au e unha coroa real. Ambas as faces foron deseñadas por Leonard Charles Wyon, e apareceron novamente en diversas emisións ata 1885.Peck, C. W. (1960). Páxinas 445-446.

En 1902, as autoridades británicas emitiron 100 libras esterlinas en moedas dun terzo de farthing, ou o que é o mesmo, 288.000 exemplares, a nome de Eduardo VII,Peck, C. W. (1960). Páxina 500. utilizando un anverso creado por George William de SaullesPeck, C. W. (1960). Páxina 496. e unha versión actualizada do reverso anterior de L. C. Wyon, agora cunha coroa imperial."⅓ Farthing - Edward VII". Numista.com En 1913, durante o reinado de Xurxo V, cuñouse unha derradeira emisión de 100 libras esterlinas que deu lugar a 288.000 exemplares de terzos de farthing.Peck, C. W. (1960). Páxina 509. O anverso era de Bertram Mackennal,Peck, C. W. (1960). Páxina 501. en tanto que o reverso reutilizaba o deseño da emisión de 1902 coa coroa imperial.

Aínda que a moeda británica predecimal seguiu a ser o padrón monetario maltés ata maio de 1972,"New Coins for Malta". Centralbankmalta.org o terzo de farthing foi retirado da circulación durante a década de 1930.

En 2015, o Banco Central de Malta emitiu unha curta tiraxe de 2.500 exemplares dunha moeda de ouro co valor facial de 5 euros conmemorativa da emisión do terzo de farthing, deseñada por N. G. Bason e cuñada na Real Casa da Moeda dos Países Baixos. O seu anverso amosaba a data e o emblema de Malta, e o reverso inspirouse no deseño da Britannia sedente de William Wyon das emisións de 1827, 1835 e 1844."5 Euros The Third Farthing". Numista.com

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Peck, C. W. (1960). English Copper, Tin and Bronze Coins in the British Museum 1558-1958. British Museum. Londres.

Outros artigos

Farthing Moeda de medio farthing Substitución da moeda de cobre británica na década de 1860

Ligazóns externas

"Third Farthing. Coin Type from United Kingdom. Detailed information" (Onlinecoin.club) "Fraccional Farthings: Third farthings (1827 – 1913)" (Aboutfarthings.co.uk)

Categoría:Moedas do Reino Unido Categoría:Moedas de Malta Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas fóra de curso