¼ de farthing "¼ Farthing - Victoria". Numista.comVitoria (1837-1901)120|100x100px120|100x100px A/: Cabeza espida de Vitoria xuvenil cara á esquerda. Lendas: VICTORIA D:G: BRITANNIAR: REGINA F:D: R/: Valor facial en dúas liñas e data, coa coroa real arriba e rosa con tres follas no exergo. Lendas: QUARTER / FARTHING Datas: 1839, 1851-1853, 1868. País: Reino Unido (para uso Ceilán). Ceca: Royal Mint. Gravador: William Wyon. Metal: Cobre (1839-1853) e bronce (1868, só en proba). Diámetro: 13,50 mm. Peso: 1,18 g. Canto: liso.

O cuarto de farthing foi unha moeda británica cun valor de 1⁄3840 da libra, 1⁄192 do xilin ou 1⁄16 do penique. A Royal Mint londiniense cuñou esta moeda en cobre puro para o seu uso exclusivo no territorio de Ceilán entre 1839 e 1853.Peck, C. W. (1960). Páxina 415. Posteriormente fixéronse cuñaxes en proba en bronce, en 1868, que non chegaron a pórse en circulación.Clayton, T. "Coins of England and Great Britain: Fractional Farthings: The Quarter Farthing". Coins-of-the-uk.co.ukPeck, C. W. (1960). Páxina 416.

Malia non teren curso legal no Reino Unido,"Fractional farthings". Royalmintmuseum.org.uk os cuartos de farthing forman parte do conxunto de moedas divisionarias do sistema da libra esterlina, que tamén se utilizaba no territorio de Celán.Peck, C. W. (1960). Páxina 391.

Caracterización Para o anverso do cuarto de farthing utilizouse o cuño que fora creado polo daquela gravador xefe da Real Casa da Moeda de Londres, William Wyon, para a moeda de dous peniques da serie Maundy, cun retrato da raíña Vitoria ollando cara á esquerda e a lenda VICTORIA D: BRITANNIAR: REGINA F: D:.

O propio Wyon encargouse tamén do deseño do reverso, consistente nunha coroa real sobre as palabras QUARTER FARTHING en dúas liñas e a data. Debaixo da data, no exergo, a moeda amosa unha rosa heráldica con tres follas a cada lado. O deseño de ambas as faces é coincidente co da moeda de medio farthing da mesma época, agás polo seu tamaño e o seu valor facial."½ Farthing - Victoria 1st portrait; incl. Colonial". Numista.com

O cuarto de farthing cuñouse en cobre, cun peso de 1,2 gramos e un diámetro de 13,5 milímetros. Trátase, xa que logo, da moeda máis pequena de todas as de cobre do sistema monetario do Reino Unido.

No marco do proceso de substitución da moeda de cobre británica da década de 1860, a Royal Mint cuñou tamén en bronce e en cuproníquel unha pequena tiraxe en proba en 1868, aínda que non chegou a producirse en masa nin a entrar en circulación.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Peck, C. W. (1960). English Copper, Tin and Bronze Coins in the British Museum 1558-1958. British Museum. Londres.

Outros artigos

Farthing Moeda de medio farthing Moeda dun terzo de farthing Substitución da moeda de cobre británica na década de 1860

Ligazóns externas

"Quarter Farthing. Coin Type from United Kingdom. Detailed information" (Onlinecoin.club) "Fraccional Farthings: Quarter farthings (1839 – 1953)" (Aboutfarthings.co.uk)

Categoría:Moedas do Reino Unido Categoría:Moedas de Sri Lanka Categoría:Moedas divisionarias Categoría:Moedas fóra de curso