Aitor Buñuel Redrado, nado en Tafalla o 10 de febreiro de 1998, é un futbolista español que xoga como lateral dereito no Racing de Ferrol, da Segunda División.

Traxectoria Formado como futbolista na canteira de Osasuna, foi ascendido ao primeiro equipo en maio de 2015, da man do adestrador Enrique Martín, sen ter pasado antes polo filial. O 16 de maio de 2015 debutou na Segunda División, nun empate 1-1 ante o Real Valladolid. O 19 de decembro marcou o seu primeiro gol na categoría, nunha vitoria por 3-1 ante o Numancia.

O 19 de agosto de 2016 debutou na Primeira División, substituíndo a uan Rafael Fuentes nun empate a un gol ante o Málaga. O 19 de xaneiro de 2018 prorrogou o seu contrato por dous anos e foi cedido inmediatamente ao Valencia Mestalla, da Segunda División B, ata final da tempada.

No verán de 2018 fichou por dous anos polo Racing de Santander e contribuíu ao ascenso do equipo á Segunda División. Entre 2020 e 2022 militou no Almería.

En agosto de 2022 asinou un contrato de dous anos co Tenerife, tamén da división de prata. En xullo de 2024 pasou ao Racing de Ferrol.

Palmarés Almería Segunda División (1): 2021/22.

Notas

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Tafalla Categoría:Futbolistas de Navarra Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do CA Osasuna B Categoría:Xogadores do CA Osasuna Categoría:Xogadores do Valencia CF Mestalla Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores da UD Almería Categoría:Xogadores do CD Tenerife Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21