O Sindicato Agrario Galego (SAGA), foi un sindicato campesiño galego fundado en 1975 como escisión de Comisións Labregas (CCLL).
Historia O SAGA naceu en 1975 e constituíuse legalmente en 1977. Xurdiu como unha escisión de CCLL debido a desacordos por parte de sectores da militancia coa dirección que a Unión do Povo Galego (UPG) exercía sobre o sindicato.
A pesar da pretensión apartidista da organización, esta non tardaría en achegarse ó Partido Socialista Galego (PSG), así como en levar a cabo negociacións con Comisións Campesiñas (CCCC), sindicato agrario ligado ó Partido Comunista de Galicia (PCG).
Notas
Categoría:Sindicatos de Galicia