A igrexa de San Xián de Bastavales é un templo católico que se atopa no lugar de Soigrexa da parroquia de Bastavales do concello de Brión.

Historia A igrexa foi construía en 1768 no lugar ocupado por unha anterior que databa do período románico. É obra dos mestres canteiros Xoán Antonio Nogueira, Tomás del Río e Manuel Varela, e a posíbel intervención do arquitecto Lucas Ferro Caaveiro.

Características arquitectónicas Consta dunha única nave con planta de cruz latina e cuberta con bóveda de canón. En 1827 ergueuse un campanario de catro corpos superpostos, cuxas campás resoan nun famoso poema de Rosalía de Castro (Cantares gallegos, 1863):

O adro é de 1828 e o resto do conxunto (fonte, cruceiros, escalinata e capela do Carmo), de entre 1864 e 1932. Os retablos do interior proceden de diferentes talleres escultóricos: o retablo maior é de Xosé Ferreiro e os laterais de Gregorio Arias Mariño baixo deseño de Miguel Ferro Caaveiro e Melchor Prado.

Véxase tamén Ligazóns externas Igrexa de San Xián de Bastavales

Bastavales Categoría:Brión