miniatura|Curvas da autoestrada Sichuan-Tíbet

A Autoestrada Sichuan-Tíbet e anteriormente coñecida como Estrada Kangzang, é unha autoestrada chinesa na que se conecta Lhasa, no Tíbet con Chengdu, capital da provincia de Sichuan vía Ya'an e Qinghai.

Historia A estrada Sichuan-Tíbet comezou orixinalmente na cidade-prefectura de Ya'an, posteriormente estendeuse ata Chengdu, Sichuan, e rematou en Lhasa, Tíbet. Forma parte da estrada nacional 318 (Shanghai-Zhangmu, Tíbet).

A construción comezou en abril de 1950 e o 25 de decembro de 1954 abriuse ao tráfico primeiramente bautizada como estrada de Kangzang (polo coñecido como túnel de Jinjiguan ata Lhasa no cruzamento das provincias de Sichuan e Xikang) e a estrada Qinghai-Tíbet (Xining a Lhasa).

A construción da estrada Sichuan-Tíbet comezou despois da anexión do Tíbet pola República Popular da China. A construción comezou en 1950 e rematou en 1969. Máis de 5.000 persoas morreron ao longo de toda a liña. Máis de 3.000 oficiais e soldados e máis de 1.000 obreiros migrantes tibetanos morreron durante a construción. A publicación "Science and Technology Force" da Observer Network revelou que desde a finalización da estrada Sichuan-Tíbet, máis de 660 soldados do Exército Popular de Liberación morreron na liña Sichuan-Tíbet.70th years of the liberation of Tibet | Rare images of the Sichuan-Tibet Highway were exposed. Thousands of people died shockingly. .

Dado o valor escénico da ruta a través da autoestrada é acotío documentada, coma no filme The Road to the Roof of the World da CCTV..

Notas

Categoría:Autoestradas da China