A batalla da Liña Tannenberg (alemán: Die Schlacht um die Tannenbergstellung; ruso: Битва за линию «Танненберг») ou batalla dos Montes Azuis (estoniano: Sinimägede lahing) foi un enfrontamento militar entre o Destacamento do Exército Narwa alemán e a Fronte de Leningrado soviética. As dúas unidades loitaron polo estratéxico istmo de Narva dende o 25 de xullo ata o 10 de agosto de 1944. A batalla loitouse na Fronte Oriental durante a Segunda guerra mundial. O obxectivo estratéxico da Operación Estonia Soviética era reocupar Estonia como base favorable para as invasións de Finlandia e Prusia Oriental. As forzas das Waffen-SS incluían 24 batallón de infantería de voluntarios da División Nordland, da División Flamenga, da Divión Nederland e da Lexión de Valonia. Aproximadamente a metade da infantería estaba formada por persoal da 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia). A forza alemá de 22 250 homes aguantou a 136 830 soldados soviéticos. Como as forzas soviéticas estiveron constantemente reforzadas, o historiador estoniano Mart Laar estima que as súas baixas foron de 170 000 mortos e feridos.

Antecedentes Tras defender a cabeza de ponte de Narva durante seis meses, as forzas alemás retiráronse ata a Liña Tannenberg nos outeiros de Sinimäed (en ruso: Синие горы) o 26 de xullo de 1944. Os tres outeiros van de leste a oeste. O máis oriental era coñecido polos estonianos como Lastekodumägi (outeiro do Orfanato; Kinderheimhöhe en alemán). O central era o Grenaderimägi (o oouteiro dos Granadeiros; Grenadierhöhe), e o occidental era Tornimägi (o outeiro da Torre; tamén coñecido en alemán como 69,9 ou Liebhöhe, outeiro do Amor). As alturas teñen pendentes pronunciadas e elévanse entre 20 e 50 m sobre o terreo circundante.

As formacións do III SS Corpo Panzer do Gruppenführer Felix Steiner detiveron a súa retirada e pasaron a posicións defensivas nos outeiros. A 4ª Brigada Voluntaria de Granadeiros Panzer Nederland comezou a cavar no flanco esquerdo (norte) da Liña Tannenberg, unidades da 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia) cavou no centro, e a 11ª División de Granadeiros Panzer Voluntarios SS Nordland no flanco dereito (sur). Outra sección da fronte ocupada polos prusianos orientais da 11ª División de Infantería estaba situada uns quilómetros máis ao sur, contra o 8.º Exército na cabeza de ponte de Krivasoo.Toomas Hiio (2006). "Combat in Estonia in 1944". In Toomas Hiio; Meelis Maripuu; Indrek Paavle (eds.). Estonia 1940–1945: Reports of the Estonian International Commission for the Investigation of Crimes Against Humanity. Tallinn. pp. 1035-1094

O mariscal soviético Leonid Govorov consideraba a Liña Tannenberg como a posición clave do Grupo de Exércitos Norte e concentrou as mellores forzas da Fronte de Leningrado.Laar, Mart (2005). Estonia in World War II. Tallinn: Grenader Os 122º e 124º Corpos de Fusileiros e divisións do 117º Corpo de Fusileiros foron adicionalmente subordinados ao xeneral Ivan Fedyuninsky, ao mando do 2º Exército de Choque. O obxectivo marcado polo Consello de Guerra do 2º Exército de Choque era atravesar a liña de defensa do III SS Corpo Panzer no outeiro do Orfanato, abrirse camiño cara á cidade de Jõhvi, no oeste, e chegar ao río Kunda o 1 de agosto.F.I.Paulman (1980). "Nachalo osvoboždenija Sovetskoj Estonij". Ot Narvy do Syrve. Tallinn: Eesti Raamat. pp. 7-119 Para logralo, Govorov recibiu a orde de destruír as comunicacións detrás das forzas alemás e realizar asaltos aéreos contra as estacións ferroviarias de Jõhvi e Tapa o 26 de xullo.

Forzas

Soviéticas Non hai unha visión xeral completa da orde das forzas soviéticas nin do tamaño dos destacamentos na batalla de Liña Tannenberg. Para o ataque do 29 de xullo Govorov concentrou todas as unidades soviéticas capaces, formadas por 11 divisións e seis rexementos de carros de combate.Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Tallinn: Varrak As forzas soviéticas que sufriran perdas foron reforzadas con man de obra fresca. A entrega de artillería pesada soviética complementou as nove divisións dos 109º, 117º e 122º Corpos de Fusileiros. Os 109º e 117º concentráronse preto de Sinimäed, mentres que o 122º foi enviado á sección sur, preto da igrexa da parroquia de Vaivara. As posicións da 11ª División de Infantería foron atacadas principalmente polo 8º Exército de 35 000 efectivos co seu 112º Corpo de Fusileiros, dous rexementos de carros de combate frescos e 1 680 canóns de asalto despregados en nove rexementos de artillería e 150 vehículos blindados. As forzas blindadas incluían os novos carros IS-2 con blindaxe extra e un canón de 122mm. A debilidade do vehículo era a súa limitada capacidade de munición (só 28 proxectís) e un tempo longo de recarga para o seu canón principal. As forzas estaba apoiadas polo 13º Exército Aéreo con 576 efectivos. A orde de batalla soviética era (datos dispoñibles a partir do 28 de xullo de 1944): miniatura|249x249px|Vista do outeiro do Orfanato dende o oouteiro dos Granadeiros Fronte de Leningrado - mariscal Leonid Govorov

2º Exército de Choque - tenente xeneral Ivan Fedyuninsky 109º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Iván Alferov 72ª División de Fusileiros - Ilya Yastrebov 109ª División de Fusileiros - maior xeneral Nikolai Truzhkin 125ª División de Fusileiros - coronel Vasily Zinoviev 122º Corpo de Fusileiros 124º Corpo de Fusileiros - coronel Mijaíl Papchenko 131ª División de Fusileiros - maior xeneral Piotr Romanenko 191ª División de Fusileiros - maior xeneral Iván Burakovski 21ª Brigada de Enxeñeiros - tenente coronel Vasilkov Total: 26 850 soldados, 458 pezas de artillería e 112 carros de combate

8º Exército - tenente xeneral Filipp Starikov 2ª División de Fusileiros "Masuria" 377ª División de Fusileiros 112º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Filipp Solovev 48ª División de Fusileiros - coronel Yakov Koževnikov 117º Corpo de Fusileiros - maior xeneral Vasili Trubachev 120ª División de Fusileiros - maior xeneral Alexandr Batluk 201ª División de Fusileiros - maior xeneral Vyacheslav Yakutovich 256ª División de Fusileiros - maior xeneral Anatoli Koziyev Total: 28 000 soldados, 518 pezas de artillería, 174 carros de combate e 44 canóns autopropulsados

Corpos e Divisións separadas (posiblemente subordinadas a algún dos exércitos anteriormente mencionados):

8º Corpo de Fusileiros de Estonia - tenente xeneral Lembit Pärn 11ª División de Fusileiros 43ª División de Fusileiros 98ª División de Fusileiros 123ª División de Fusileiros

Alemás Contra as forzas soviéticas un poucos rexementos de alemáns cansos sen ningunhas tropas de reserva mantivéronse nas súas posicións, golpeadas pola artillería soviética. O comandante do Destacamento do Exército Narwa, o xeneral de infantería Anton Grasser, valorou a capacidade alemá como insuficiente contra o ataque soviético. Aínda que tiñan suficiente munición e metralladoras, a moral de combate dos voluntarios xermánicos estaba sometida a unha forte presión mentres que o espírito dalgunhas tropas estonianas xa fora gravemente danado, en opinión de Grasser. Porén, os combates que seguiron demostraron o contrario. O pequeno número de bombardeiros en picado Junkers Ju 87 e a escaseza de combustible de aviación deron aos soviéticos unha enorme superioridade aérea. A conclusión de Grasser foi curta:O Destacamento do Exército subliña que a situación é extremadamente intensa e a gran diferenza entre as nosas e as forzas inimigas esixe a maior atención do Alto Mando.Deixando a un lado a formulación diplomática, Grasser anunciou que se reforzos inmediatos os soviéticos inevitablemente atravesarían a Liña Tannenberg o 29 de xuño. Eses reforzos estaban máis aló das posibilidades do Grupo de Exércitos Norte. O comandante do Grupo de Exércitos, Ferdinand Schörner, chamara repetidamente a atención de Adolf Hitler sobre o feito de que practicamente non quedaba ningunha división formada por alemáns na Liña Tannenberg, que ameazaba con colapsar. Estas chamadas non tiveron efecto, xa que a resposta de Hitler era quedar en pé ou morrer. A orde de batalla alemá (a partir do 28 de xullo de 1944) era: miniatura|Felix Steiner Destacamento do Exército Narwa - xeneral de infantería Anton Grasser

III SS Corpo Panzer (Xermánico) - SS-Gruppenführer Felix Steiner División SS Nordland - SS-Brigadeführer Joachim Ziegler Rexemento SS de Granadeiros Panzer 23 Norge - SS-Obersturmbannführer Fritz Knöchlein Rexemento SS de Granadeiros Panzer 24 Danmark 20ª División de Granadeiros Waffen SS (1ª Estonia) - SS-Brigadeführer Franz Augsberger Rexemento 45 de Granadeiros Waffen - Waffen-Obersturmbannführer Harald Riipalu Rexemento 46 de Granadeiros Waffen Rexemento 47 de Granadeiros Waffen Rexemento de Artillería 4ª Brigada Voluntaria SS de Granadeiros Panzer Nederland - SS-Brigadeführer Jürgen Wagner 4º Rexemento SS de Granadeiros Panzer De Ruyter 5ª Brigada de Asalto Voluntaria SS Wallonien - SS-Sturmbannführer Léon Degrelle 6ª Brigada de Asalto Voluntaria SS Langemarck - SS-Sturmbannführer Conrad Schellong 227ª División de Infantería - Generalmajor der Reserve Maximilian Wengler 113º Rexemento de Securidade XXVI Corpo do Exército - xeneral de infantería Anton Grasser 11ª División de Infantería - Generalleutnant Hellmuth Reymann 300ª División de Propósitos Especiais - Generalmajor Rudolf Höfer

Destacamentos separados:

Catro batallóns da Policía Auxiliar de Estonia Sector oriental, defensa costeira - Generalleutnant Alfons Luczny Dous rexementos de defensa fronteiriza de Estonia 513º Batallón de Artillería Naval 502º Batallón Panzer Pesado 752º Batallón Anticarro

Total: 22 250 efectivos despregados en 25 batallóns de Estonia e 24 alemáns, neerlandeses, daneses, flamengos, italianos, noruegueses e valóns.

Combate A artillería soviética comezou a bombardear as Montañas Azuis o 25 de xullo de 1944. O primeiro ataque ás Montañas Azuis comezou o 26 de xullo, cando as forzas soviéticas alcanzaron ás tropas alemás en retirada, e os principais ataques continuaron ata o 12 de agosto.

Outeiro do Orfanato

26 de xullo O 26 de xullo, perseguindo aos alemáns que se retiraban, o ataque soviético caeu sobre a Liña Tannenberg antes de que o Destacamento do Exército Narwa, moi superado en número, se atrincheirase. A Forza Aérea Soviética e a artillería cubriron as posicións alemás con bombas e proxectís, destruíndo a maior parte do bosque nos outeiros. As 201ª e 256ª Divisións de Fusileiros soviéticas apoiadas polo 98º Rexemento de Tanques atacaron as posicións da División SS Nordland, apoderándose do lado leste do outeiro do Orfanato.

27 de xullo Na mañá do 27 de xullo as forzas soviéticas iniciaron outro poderoso bombardeo de artillería sobre os outeiros. Anticipando un ataque de infantería, Steiner concentrou os poucos vehículos blindados que aínda funcionaban, que eran sete carros de combate.Mart Laar (2006). Sinimäed 1944: II maailmasõja lahingud Kirde-Eestis. Tallinn: Varrak. p. 261 Unidades da División Nordland foron situados entre os dous outeiros e a defensa completouse coa Compañía Anticarro, 1ª Estonia, detrás da Nordland.

Baixo a presión soviética, a defensa alemá ameazou con colapsar. O 27 de xullo Schörner chegou a Sinimäed e ordenou a reconqiuista inmediata do outeiro do Orfanato, demandando unha resistencia fanática aos soldados. Unha reunión convocada por von Scholz estableceu as tácticas para a aplicación das ordes. Porén, xusto despois da reunión, von Scholz morreu por un anaco de de metralla diante do cuartel xeral.

28 de xullo Para o día seguinte o 2º Exército de Choque reforzouse cos 31º e 82º Rexementos de Carros de Combate, tres brigadas de obuses e nove rexementos de artillería pesada.