Estonian Air foi a aeroliña nacional de Estonia entre 1991 e 2015. Con sede na capital do país, operaba servizos regulares dende o aeroporto de Talín. Antes do cesamento de actividades a compañía voaba a 11 destinos en Europa.
Dende 1991 ata 1996, e novamente a partir de 2010, Estonian Air foi propiedade do goberno de Estonia. En 2010 o goberno recuperou a compañía, que estaba en mans do SAS Group, para que non quebrase. O 7 de novembro de 2015 a Comisión Europea decidiu que os fondos gobernamentais concedidos á empresa incumpriran as normativas da Unión Europea e debían ser devoltos. Ao non ter eses fondos, Estonian Air cesou todas as súas operacións ao día seguinte e entrou inmediatamente en proceso de liquidación. Unha nova aeroliña estatal, Nordica, comezou a operar ese mesmo día.
Historia
Primeiros anos miniatura|251x251px|Un antigo Yak-40 de Estonian Air A aeroliña foi creada polo goberno de Estonia o 1 de decembro de 1991 con avións mercados á defunta división local de Aeroflot. Os voos entre Talín e Frankfurt, o primeiro destino de Estonian Air cara ao oeste, comezaron de inmediato.
En 1992 a compañía converteuse en membro da IATA e Estonian Air dividiuse en Estonian Air Public Company Limited e Estonian Airports Public Company Limited. Na primavera de 1994, Estonian Air, xunto con Estline Eesti AS, comezou a ofrecer un paquete "aire-mar", é dicir, unha viaxe de ida e volta a Suecia, onde unha viaxe era máis barata en barco e a outra en avión.
O seu primeiro Boeing 737-500, con rexistro ES-ABC, foi entregado o 7 de xullo de 1995 e bautizado como "Koit". O segundo, con rexistro ES-ABD e bautizado como Hämarik chegaría un ano despois. Estes avións comezaron a substituír ao vellos Tu-134 e Yak-40 de orixe soviética. Tamén en 1996, tras obter dous Fokker 50 máis, foi capaz de retirar toda a súa frota soviética. A aeroliña foi privatizada parcialmente en 1996, cun 66% das accióna a Maersk Air (49%) e o banco de investimento Cresco (17%).Flight International 3 de abril de 2007
Tras a privatización das accións, RAS Estonian Air transformouse nunha sociedade limitada privada, Estonian Air. Coa chegada de novos propietarios creouse o programa de bonificación Blue Star dirixido a clientes corporativos. En 1998 engadiuse un terceiro B737, o "Põhjatäht" (ES-ABE). Tamén se lanzou a páxina web da empresa. Ao ano seguinte, Estonian Air converteuse en membro da Autoridade Unida de Aviación Civil Europea.
Anos 2000 Catro novos avións entraron en servizo nos primeiros anos da década de 2000. En 2003 a empresa dinamarquesa Maersk Air vendeu as súas accións, o 49% da aeroliña, a SAS por 19,55 millóns de euros. Ese mesmo ano os Fokker 50 foron retirados e no ano seguinte a aeroliña transportou ao seu 500 000º pasaxeiro.
En 2006 a frota de Estonian Air ampliouse con dous Boeing 737-300, o "Sohni" (ES-ABJ) e o "Kalev" (ES-ABK), e en 2007 engadiuse o "Linda" (ES-ABL). Este ano, a aeroliña obtivo unhas perdas de 52 millóns de coroas. En marzo de 2007 Estonian Air anunciou que alugaría outro Boeing 737-500 e serviría un novo destino, Viena. Estonian Air alugou tamén dous Saab 340 e en xuño de 2008 a aeroliña creou unha nova compañía, Estonian Air Regional. Baixo ese nome engadiu novos destinos dende Talín ata Kuressaare, Estocolmo, Helsinqui e Vilnius. Posteriormente voaría tamén a San Petersburgo e Minsk.
En 2008, operáronse tres novos destinos (Minsk, Múnic e Roma) e a compañía anunciou que ía pedir tres Bombardier CRJ900 NG, con outras 3 opcións de compra. O 27 de novembro dese ano o primeiro ministro estoniano Andrus Ansip anunciou que SAS se puxera en contacto co goberno estoniano, solicitando urxentemente unha inxección de cartos para salvar a aeroliña e ofrecendo comprar a participación do goberno na compañía. O goberno negociou coa navieira Tallink a compra de Estonian Air no caso de facerse coa participación de SAS.
O 17 de decembro de 2008 o "Koit", o seu primeiro 737-500, foi retirado. Ese ano as perdas da aeroliña foron de 170 millóns de coroas (13 millóns de euros). O 23 de marzo de 2009, outro Boeing 737, o Hämarik, deixou de operar con Estonian Air.
En 2009 Estonian Air abandonou as súas rutas a Viena, Frankfurt e Simferopol. A compañía pechou a súa división de asistencia en terra a aeronaves. Estonian Air abriu novas rutas dende Talín a Ámsterdam, Berlín e San Petersburgo, e tamén iniciou unha nova ruta entre Tartu e Estocolmo.
Renacionalización miniatura|250x250px|Boeing 737-300 En 2010 Estonian Air comezou a cooperar con KLM, anunciando a ruta Talín-Vilnius-Ámsterdam que comezaría o 12 de febreiro dese ano.
O 10 de maio de 2010 o goberno de Estonia e SAS Scandinavian Airlines acordaron unha transacción na que o goberno estoniano achegaba 21 millóns de euros adicionais en capital a Estonian Air, o que resultaría nunha redución da participación de SAS na compañía aérea, pasando do 49 ao 10 %. Ao mesmo tempo, as dúas partes acordaron que o goberno estoniano tería a opción de mercar a participación restante de SAS nun momento posterior, entre entón e 2014. Estonian Air e SAS Scandinavian Airlines continuarían a cooperar do mesmo xeito. O obxectivo a curto prazo do goberno era converterse nun accionista principal e investir na empresa para garantir o seu futuro, xa que Estonian Air era estratexicamente importante para o estado. O acordo con SAS Scandinavian Airlines asinouse o 10 de setembro de 2010 e entrou en vigor o 27 de outubro dese ano cando o Parlamento estoniano ratificou as modificacións do orzamento estatal de 2010, asignando os fondos necesarios para investimentos. En novembro de 2011 o ministro de Asuntos Económicos, Juhan Parts, propuxo que SAS seguise o exemplo do estado á hora de realizar investimentos substanciais en Estonian Air. Porén, o vicepresidente de SAS, Sture Stolen, dixo que isto era improbable: "Temos unha boa e importante colaboración con eles, pero a nosa estratexia non é ser copropietarios de aeroliñas bálticas". miniatura|251x251px|CRJ900 En setembro de 2010 Estonian Air anunciou que finalmente asinara un acordo con Bombardier polo cal dous avións CRJ-900 NextGen serían entregados a principios de 2011 (ambolos dous avións foron entregados en xaneiro de 2011) e un terceiro en 2012.
O novo director executivo de Estonian Air e antigo director comercial de AirBaltic, Tero Taskila, esperaba que a compañía fose rendible en 2012 despois de perder cartos dende 2005. Segundo Taskila, a empresa xa deu un gran paso a finais de 2011 ao resolver os seus complicados problemas de liderado. Tras novos malos resultados financeiros en 2012, o goberno de Estonia decidiu despedir a Taskila. Desde o 1 de novembro de 2012, o novo director executivo foi Jan Palmér, que contaba con máis de 20 anos de experiencia en diferentes compañías aéreas en Escandinavia.
Cesamento de operacións O 8 de novembro de 2015 Estonian Air cesou todas as operacións despois de que a Comisión Europea declarase ilegal o financiamento gobernamental recibido pola aeroliña, o que a obrigaría a devolver máis de 85 millóns de euros. A empresa conxunta Nordic Aviation Group (NAG), apoiada polo goberno e dirixida por Adria Airways, estableceu servizos de substitución en rutas clave de Estonian Air con pouca antelación en operacións conxuntas con varias compañías aéreas rexionais europeas.
Frota No momento do fin de operacións o 8 de novembro de 2015, Estonian Air tiña unha frota de 6 aeronaves cunha idade media de 8,2 anos: 3 Bombardier CRJ900, 2 CRJ700 e un único Embraer E-170. A compañía estaba a eliminar gradualmente os seus 4 Embraer con plans para operar con 8-10 Bombardier CRJ.
Frota histórica miniatura|Antigo Tupolev Tu-134 de Estonian Air en 1994|250x250px +Frota histórica de Estonian Air dende 1991AviónIntroducidoRetiradoNotasAntonov An-219911996Da división local de Aeroflot.Yakovlev Yak-4019911998Tupolev Tu-134A19911996Fokker 5019962003Boeing 737-50019952012Boeing 737-30020062012Saab 34020072013Bombardier CRJ900NG20112015Embraer E-17020122015ATR 42-50020142015Saab 34020152015
Servizos En todos os seus voos a aeroliña ofrecía dúas clases de servizos.
Flex Class Os pasaxeiros con billetes de tarifa Business ou Flexible Economy sentábanse nas seccións dianteiras do avión dunha soa cabina. A todos os pasaxeiros de tarifa alta servíanlles aperitivos ou comidas e bebidas dependendo da hora de saída e da duración do voo. As bebidas alcohólicas tamén estaban incluídas no prezo do billete.
Eco Class A Eco Class era o produto da tarifa económica. Os refrescos tiñan que mercarse dun menú de bebidas a bordo. Desde marzo de 2015, aos pasaxeiros da clase Eco ofrecíanselles café, té e auga de cortesía en todos os voos.
Os pasaxeiros da clase Business de Estonian Air e os titulares da tarxeta SAS EuroBonus Gold/Pandion eran recibidos na sala VIP da clase Business na zona de tránsito de Talín. Dispoñían de teléfonos públicos, xornais e revistas gratuítos. Tamén dispoñían dun bar, ordenadores con conexión a internet e impresoras.
Notas
Véxase tamén Nordica
Categoría:Aeroliñas de Estonia