Bonn, ás veces escrito en galego Bon, é unha cidade do oeste de Alemaña, situada no Land do Renania do Norte-Westfalia. Ten unha poboación de 331.885 habitantes (estimación de 2021).
Foi capital da Alemaña do Oeste desde 1949 a 1990, logo foi sede do goberno alemán ata o 1998, cando se iniciou a transferencia de parte das oficinas administrativas para Berlín. É un importante núcleo cultural, político e comercial. Ten incorporadas outras dúas pequenas cidades: Bad Godesberg e Beuel, coas que forma unha única aglomeración urbana. Ocupa o 19° posto na clasificación das cidades máis populosas de Alemaña aínda que está moi influenciada pola proximidade da cidade de Colonia.
Cidades irmandadas Oxford Opole Tel Aviv Potsdam Cape Coast Minsk Budafok A Paz Aveiro Yogyakarta
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Categoría:Cidades de Renania do Norte-Westfalia