250px|miniatura290px|dereita|miniatura|Situación das illas Kuriles no Pacífico occidental. As illas KurilesVV.AA. (2007) Diciopedia do século XXI, p. 1177 (en en ruso Кури́льские острова, /Kuril'skie ostrova/), esténdense en dirección noroeste dende Hokkaido, no Xapón, até Kamchatka, separando o Mar de Okhotsk do océano Pacífico Norte. Forman parte do óblast ruso de Sakhalin.

As illas tamén son coñecidas en xaponés como 千島列島 (/Chishima rettō/ Arquipélago das Mil Illas ou o クリル列島 - /Kuriru rettō/, Arquipélago Kuril).

Os ainus habitaron as illas dende tempos remotos até a súa expulsión polos rusos no século XVIII. O Xapón quedou con elas en 1875 (Tratado de San Petersburgo) a cambio de ceder Sakhalin a Rusia. Rusia reclamoullas tras a segunda guerra mundial (Tratado de San Francisco), pero o Xapón mantén a reivindicación sobre as catro illas máis meridionais, coñecidas no Xapón como Territorios do Norte (Conflito das Illas Kuriles).

As illas son famosas pola súa néboa. Son ricas en algas e mais en peixe. A illa máis setentrional, Atlasov, é un cono volcánico case perfecto.

Illas Nesta táboa lístanse as illas Kurís en dirección Nordés-Suroeste (NE-SO). Alén destas illas existen unha ducia de illotes e penedos menores. Nome rusoNome xaponésSuperficieen km² Altura máx en m.Latitude NLonxitude EGrupo setentrional Shumshu Shumushu 388 189 50°45' 156°20' Atlasov Oyakoba 150 2339 50°50' 155°30' Paramushir Horomushiru 2053 1816 50°30' 155°40' Antsiferov Shirinki 7 747 50°12' 154°58' Makanrushi Makanrushi 49 1171 49°45' 154°25' Onekotan Onekotan 425 1324 49°25' 154°45' Jarimkotan Harimukotan 68 1157 49°05' 154°30' Ekarma Ekaruma 30 1170 48°55' 153°55' Chirinkotan Chirinkotan 6 742 48°58' 153°30' Shiashkotan Shasukotan 122 934 48°50' 154°05'Grupo central Raikoke Raikoke 4,6 551 48°17' 153°15' Matua Matsuwa 52 1446 48°05' 153°10' Rasshua Rasushua 67 948 47°45' 153°00' Ushishir Ushishiru 5 401 47°30' 152°50' Ketoy Ketoi 73 1172 47°20' 152°30' Simushir Shimushiru 353 1539 47°00' 151°55'Grupo meridional Broutona Buroton 7 800 46°43' 150°45' Chirpoy Cherupoi 21 691 46°30' 150°55' Brat Chirpoyev Buratto Cherupoefu 16 749 46°28' 150°50' Urup Uruppu 1450 1426 45°50' 149°55' Iturup Etorofu 3200 1634 44°50' 147°50' Kunashir Kunashiri 1490 1822 44°05' 146°00' Shikotan Shikotan 250 413 43°50' 146°45' Illas Jabomai Habomai 97 45 43°30' 146°05'

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lingua ainu das Kuriles