Vera Poska-Grünthal, nada o 25 de marzo de 1898 en Reval (Talín) e finada o 29 de xaneiro de 1986 en Estocolmo, foi unha avogada e xornalista estoniana. Foi unha figura do feminismo en Estonia. Participou na reforma do dereito de familia en Estonia, cofundou a International Federation of Women in Legal Careers (IFWJ) e creou a revista en estoniano Triinu en Suecia.
Traxectoria
Mocidade e formación Vera Poska naceu o 25 de marzo de 1898 en Reva, antiga Talín,Ristikivi (2020), p. 141 que daquela pertencía ao Imperio Ruso. Era a máis nova de nove fillos dunha familia acomodada. Seu pai, Jaan Poska (1866-1920) avogado e político, fora alcalde de Talín e ministro de Asuntos Exteriores de Estonia, e súa nai era Constance Ekström (1870-1926). A familia é de relixión ortodoxa.
Rematou a escola secundaria en 1915 en Talín e era profesora de lingua rusa e despois estudou dereito en San Petersburgo e Voronezh porque na Universidade de Tartu, as mulleres só podían matricularse por libre.Ristikivi (2020), p. 134 Cando estalou a revolución en 1917, deixou os seus estudos e regresou a Estonia. En 1919, casou co avogado e político Timotheus Grünthal (1893–1955), tamén avogado, quen máis tarde chegou a ser xuíz do Tribunal Supremo e profesor da facultade de dereito.Ristikivi (2020), p. 142 Tiveron cinco fillos.
Despois do seu casamento, a parella trasladouse a Kuressaare e en 1920 a Tartu (daquela, se denominaba: Dorpat) para que Vera puidese retoma-los seus estudos na Universidade de Tartu, onde tivo que facer exames adicionais de matemáticas porque estaba graduada nunha escola secundaria de rapazas.Ristikivi (2020), p. 143 Menciona nas súas memorias que esta inxustiza a convenceu de defender os dereitos das mulleres. Licenciouse en 1925.
Avogada Unha vez conseguido o título, comezou a traballar, en 1926, como avogada na oficina de avogados da cidade de Talín, onde defendía, principalmente, a mulleres en dificultades e en cuestións como as pensións alimenticias, divorcio e as herdanzas. Descubriu as inxustizas do dereito privado báltico cara ás mulleres e deuse conta de que as mulleres debían elas mesmas muda-las leis porque os homes non renunciarían voluntariamente aos seus privilexios.
En 1929, a familia regresou a Tartu, onde abriu un bufete de avogados coa súa colega avogada Olinde Ilusa. Foi asesora xurídica da Asociación de Mulleres de Tartu ata 1939. Converteuse en avogada xurada do Colexio de Avogados de Estonia.Ristikivi (2020), p. 144
Traballo feminista Vera Poska-Grünthal participou no primeiro congreso de traballo social en París en 1928 como delegada da Eesti Naisorganisatsioonide Liit (Federación de Asociacións de Mulleres Estonianas). Alí fundou a International Federation of Women in Legal Careers (FIFCJ) con Clara Campoamor (España), Marcelle Kraemer-Bach (Francia), Agathe Dyvrande-Thévenin (Francia) e Margarete Berent (Alemaña). A FIFCJ tiña como obxectivo mellorar a condición de mulleres e nenos a través de medios legais. Ao ano seguinte, a asociación celebrou o seu primeiro congreso en París con avogados de 18 países.
A Vera Poska-Grünthal interesáballe especialmente o dereito de familia, o dereito de protección social e o dereito de protección da xuventude, que trataba a diario no seu traballo. O dereito privado báltico era moi conservador nestas áreas. En 1928, como representante da Asociación de Mulleres Universitarias de Estonia, Vera Poska-Grünthal participou nas reunións dos redactores do borrador do Código Civil do primeiro período de independencia e posteriormente, xunto con outros dous avogados, preparou un proxecto de lei para reformar o dereito de familia en Estonia.Tamul (2006), pp. 450-453
En Tartu, onde o seu marido daba clases, Vera Poska-Grünthal fundou e dirixiu unha biblioteca feminista en colaboración coa Asociación Estoniana de Mulleres Académicas (EANÜ). Tamén participou na fundación da Tartu Soroptimistide Ühing (Asociación de Soroptimistas de Tartu), da Ühing Kodu ja Koo (Asociación de Fogar e Escola) en 1931 e da Tartu Emadekaiste Ühing (Asociación de Recuperación Materna) en 1939.
En 1936, Vera Poska-Grünthal publicou o seu primeiro libro Naine ja naisliikumine. Peajooni naisliikumise ajaloost ja probleemistikust (en galego: As mulleres e o movemento de mulleres. Visións sobre a historia e os problemas do movemento de mulleres). Esta foi a primeira obra deste tipo en Estonia. Ofrecía unha visión xeral da condición da muller na historia e nos tempos modernos, incluíndo aspectos psicolóxicos, sociolóxicos e legais.
Ensinanza En 1939, Vera Poska-Grünthal foi a primeira muller en defender a súa tese do mestrado na Facultade de Dereito da Universidade de Tartu. A súa tese levaba por título “Protección xurídica da xuventude en materia laboral” e criticaba duramente a situación xurídica daquela época.Ristikivi (2020), p. 145 Logo impartiu un curso de dereito do benestar social e converteuse na primeira profesora da Facultade de Dereito da Universidade de TartuRistikivi (2020), p. 135 e a única muller que deu clase antes da Segunda Guerra mundial.Ristikivi (2020), p. 141 Grazas a unha bolsa, traballou na Sorbona de París, de marzo de 1939 a febreiro de 1940, na súa tese de doutoramento sobre a Protección Criminal da Xuventude. A tese rematouse en 1941, pero non foi defendida.
Xa coa ocupación soviética, en xaneiro de 1941, foi nomeada profesora da Cátedra de Dereito Civil e Agrario nunha reunión da Facultade de Dereito.Ristikivi (2020), p. 147 Mais, ao final do primeiro ano de ocupación soviética, en xuño de 1941, máis de dez mil estonianos, entre eles varios avogados, foron deportados a Siberia, entre eles membros do persoal e estudantes das facultades de dereito.Ristikivi (2020), p. 148 A piques de remata-la guerra, antes do retorno dos soviéticos, en 1944, Vera Poska-Grünthali e a súa familia puideron fuxir a Estocolmo, Suecia. A súa carreira académica e investigación remataron bruscamente.Ristikivi (2020), p. 149
Estocolmo e o Canadá En Estocolmo, comezou a traballar como xornalista no exilio e mantivo unha grande actividade. En 1952, fundou aló a revista feminina en estoniano Triinu, que editou de 1952 a 1981. A redacción da revista foi trasladada a Toronto en 1954 e Triinu converteuse no órgano dos Toronto Eesti Naisselts (eksiilis). A súa filla Tanni Kents asumiu a dirección editorial ata que se suspendeu no inverno de 1995. Este mesmo ano morreu o seu marido, e dous anos despois, en 1957, marchou a Canadá onde residía a súa filla.
En 1960, Vera Poska-Grünthal regresou a Suecia. Publicou o libro Jaan Poska tütar jutustab con recordos do seu pai e da vida na casa dos seus pais en 1969, con ilustracións do seu irmán. Outros libros autobiográficos sobre a súa vida en Estonia e no exilio foron publicados en 1975 e postumamente en 1985.
Vera Poska-Grünthal morreu o 29 de xaneiro de 1986 en Estocolmo. Os seus arquivos gárdanse en Estonia e nos Arquivos Nacionais de Suecia.
Obras
1936, Naine ja naisliikumine: peajooni naisliikumise ajaloost ja probleemistikust (A muller e o movemento das mulleres).Tarku: Eesti Kirjanduse Selts. 1929, Abieluseutilisé. Rootsi aieluseadus 11 juin 1920. a. Soome abieluseadus 13. juunist 1929. a. (Comparación las leis sobre matrimonio). 1939, Minni Kurs-Olesk. Talín: Eesti Akadeemiliste Naiste Ühing. 1969, Jaan Poska tütar jutustab. Mälestusi grand-mère isast oui elust vanemate kodus. (A filla de Jaan Poska conta. Lembrazas de seu pai e a vida na casa dos pais). Toronto: Ortho. 1975, Voir Oli Eestis 1919-1944. (Foi en Estonia. 1914-1944). Estocolmo: Välis-Eesti e EMP 1985, Elu jatkub võõrsil. (A vida segue no estranxeiro). Toronto: Forf.
Recoñecementos En 1940, Vera Poska-Grünthal recibiu a Orde da Cruz Vermella de Estonia, de cuarta clase. O 28 de marzo de 2023, con motivo do 125 aniversario do seu nacemento, a Facultade de Dereito da Universidade de Tartu e a Sociedade Educada de Estonia celebraron o Día Vera Poska-Grünthal.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados en Talín Categoría:Profesores da Universidade de Tartu Categoría:Alumnos da Universidade de Tartu Categoría:Xornalistas de Estonia Categoría:Autobiografías Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1986 Categoría:Feministas de Estonia