Kihnu (en estoniano: Kihnu vald) é un concello rural no condado de Pärnu, no suroeste de Estonia. O municipio abrangue a área de 16,88 km² da illa de Kihnu e os illotes próximos, sendo un dos concellos máis pequenos de todo o país. No ano 2024 Kihnu tiña unha poboación de 520 habitantes.
No ano 2003 a UNESCO nomeou a cultura da illa de Kihnu como Obra Mestra do Patrimonio Oral e Inmaterial da Humanidade, colocando a illa na lista do Patrimonio Cultural Inmaterial da organización.
No concello de Kihnu hai 4 aldeas: Lemsi, Linaküla, Rootsiküla e Sääre.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Web do concello
Categoría:Concellos de Estonia