Jacinto Eloy Santiago García, nado en Arzádegos (Vilardevós) o 11 de xuño de 1894 e finado en Vilariño Frío (Montederramo) o 1 de novembro de 1936, foi un mestre, xornalista e político republicano.
Traxectoria Foi mestre da Escola Normal e da Escola de Artes e Oficios de Ourense, onde entrou como profesor de Matemáticas en 1925.
No ano 1919 xa comezara a publicar nos semanarios La República e La Zarpa, do que chegou a ser director, canda Roberto Blanco Torres. Cando reaparece La República en 1930, convértese no seu primeiro director. Tamén colaborou con distintos medios de prensa. Militou no Partido Republicano Radical Socialista,La Región, 7-10-1932, p. 6. do que foi elixido presidente da executiva de Ourense en xaneiro de 1933.El Pueblo Gallego, 18-1-1933, p. 8.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ourense o 7 de agosto e ingresou na Prisión Provincial de Ourense.Libro rexistro de filiacións de reclusos de novo ingreso dos anos 1936 a 1937, 836 De aí levárono a Celanova. O 1 de novembro sacárono da prisión para fusilalo en Vilariño Frío (Montederramo), onde finou, non se sabe se a consecuencia dos disparos ou dun ataque ao corazón momentos antes de ser fusilado.
Vida persoal
Casou en Sanín (Ribadavia) con Amparo García en 1932.La Región, 12-4-1932, p. 2. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos de Galicia Categoría:Xornalistas de Vilardevós Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilardevós Categoría:Nados en 1894 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos