A reforma da nomenclatura municipal de España de 1916 foi unha reforma lexislativa que tivo lugar para evitar homonimias nos nomes dos concellos de España. Levouse a cabo durante a presidencia de Álvaro de Figueroa Torres-Mendieta.

Proceso

O plan de «desambiguar» os nomes dos municipios españois propuxérao anos atrás Manuel de Foronda, para resolver a homonimia de 1020 municipios. A Real Sociedad Geográfica realizou un estudo previo que avalou a reforma. Intentouse limitar a reforma «no posible e procurando que afectase o menor número de localidades, deixando intacto o nome actual ás poboacións de maior categoría administrativa, como as capitais de provincia, cabezas de partido xudicial e as de maior número de habitantes».

Víronse afectados 573 concellos. Nos municipios cunha dupla denominación determinouse escoller unha das dúas, e nos municipios que tiñan no seu nome a fórmula «junto á» mudouse dita partícula pola palabra «de».

O real decreto, de 27 de xuño, publicouse o 2 de xullo de 1916. En decembro dese mesmo ano publicouse un novo real decreto que rectificaba algúns dos topónimos afectados. Afectación en Galicia Esta reforma afectou a quince dos 322 concellos de Galicia.Antes da aplicación da Lei de normalización lingüística (Lei 3/1983, do 15 de xuño), que no seu artigo 10 establece que "Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega", os nomenclátores incluían formas castelanizadas, e os nomes non se regularizaron até a publicación en 2003 do Nomenclátor de Galicia.

Acevedo do Río (pasou de Acebedo a Acebedo del Río) Antas de Ulla (antes Antas) O Campo Lameiro (pasou de Campo a Campo Lameiro) Malpica de Bergantiños (pasou de Malpica a Malpica de Bergantinos) Monforte de Lemos (antes Monforte) As Nogais (pasou de Nogales a Los Nogales) Oza dos Ríos (pasou de Oza a Oza de los Ríos) Paderne de Allariz (antes Paderne) Ramirás (que pasou de Villameá a Villameá de Ramiranes) Salceda de Caselas (antes Salceda) Salvaterra de Miño (pasou de Salvatierra a Salvatierra de Miño). San Cristovo de Cea (pasou de Cea a San Cristóbal de Cea) Viana do Bolo (pasou de Viana a Viana del Bollo) Vilamartín de Valdeorras (pasou de Villamartín a Villamartín de Valdeorras) Vilanova dos Infantes (pasou de Villanueva de los Infantes a Vilanova)

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Toponimia

Categoría:Leis de España Categoría:Concellos de España Categoría:1916