Arzé (en ) é un filme libanés de 2024 dirixido por Mira Shaib, no seu debut como directora. Está protagonizado por Diamand Abou Abboud, Betty Taoutel e Bilal Al Hamwi. Foi escollido como candidato do Líbano para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.
Sinopse Arzé, unha nai solteira, está decidida a comprarlle ao seu fillo Kinan unha moto para que a axude a entregar as empanadas que fai, a súa única fonte de ingresos. Para que isto suceda, rouba e empeña a pulseira da súa irmá como pago inicial. Pero cando rouban o moto, Arzé toma o asunto polas súas propias mans e arrastra ao seu reticente fillo por todo Beirut na procura da moto desaparecida.
Arzé e o seu fillo atópanse rapidamente envoltos nunha longa viaxe chea de reviravoltas mentres navegan polo sectarismo e o caos de Beirut. Para fundirse con cada barrio que visitan, Arzé ponse creativa e pon diferentes disfraces; cambiando o seu acento, vestindo un hijab ou unha cruz cristiá e mesmo dándolle un novo nome a Kinan.
Personaxes
Diamand Abou Abboud como Arzé Betty Taoutel como Layla Bilal Al Hamwi como Kinan Shaden Fakih como Dina Hagop Der Ghougassian como Sevag Junaid Zeineldine como Noor Fouad Yammine como Nicolas Fadi Abi Samra como Joseph Tarek Tamim como Saadeddine Elie Mitri como Junkyard Owner Joyce Nasrallah como Odette Saad Kadri como Ahmad Ibrahim Ajami como Ali Mounir Challita como Mandoor Kathy Youness como Yasmine
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes do Líbano propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes do Líbano Categoría:Filmes sobre irmás Categoría:Filmes ambientados en Beirut Categoría:Filmes ambientados no Líbano Categoría:Filmes rodados no Líbano