Servando Barreiro Fernández, nado no século XX en Vigo, é un cantor, compositor e músico galego.

Traxectoria

Estudou no IES Santa Irene de Vigo e na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.

Músico de formación clásica que axiña se interesou pola música tradicional da Galiza e Portugal.Fixo arranxos de melodías recollidas de diferentes cancioneiros galego-portugueses e realizou composicións musicais con letras propias e de poetas clásicos e contemporáneos galegos: Manolo Pipas (Viaxe ao país das nubes), Rochi Nóvoa (Farrapos de boneca (2013), Muller de papel (2015)), Miguel Angel Alonso Diz (Mel). Participou como músico en grupos de teatro e monicreques e na creación de grupos de música tradicional galega.

Obras

O son da sega (1996). Ed. do Cumio. Servando & Retrincos... Con Suso Vaamonde como produtor executivo. A dança do lume (1999). Chorima Edicións. Som voltas (2006). Servando e Contradança. Agal. Vicentinho e as árvores da paz (2010), Tou-po-rou-tou. Libro-cd baseado en contos de Anxo Moure. Através Ed. 54 páxs. ISBN 978-8487305412. A música das árbores (2015). Vigo: Xerais. Libro-cd en coautoría con Anxo Moure e ilustracións de Chus Láuzara. 56 páxs. ISBN 978-84-9914-917-2. A música da auga (2018). 2 teixos. Con Anxo Moure.

Premios

Gañador do IV Festival Galego da Canción coa gravación dun cd compartido cos demais finalistas en 1993.

Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Músicos de Galicia