A fractura da cadeiraEn galego, acéptanse tanto os termos cadeira, cadril ou anca para se referir á parte do corpo onde a perna remata no tronco., ou fractura do cadril, é unha fractura ósea que se produce na parte superior do fémur, denominada fémur proximal. Os síntomas máis comúns son a dor na rexión do cadril, que empeora co movemento e o acurtamento dunha das pernas. A persoas que se fracturan o cadril normalmente non poden deambular.

A causa máis común son as caídas desde a propia altura do paciente. Os factores de risco inclúen osteoporose, tomar unha gran cantidade de medicamentos (coma bifosfonatos), beber alcohol e cancro metastásico. O diagnóstico adoita confirmarse mediante radiografía. Nalgúns casos pódese complementar con resonancia magnética, tomografía computarizada ou gammagrafía ósea.

O alivio da dor pódese conseguir administrando analxésicos, opiáceos ou bloqueos nerviosos periféricos. Nos casos en que a saúde da persoa o permite, xeralmente recoméndase a cirurxía nun prazo preferente de dous días. As opcións cirúrxicas inclúen a substitución de cadeira ou a fixación de parafusos para estabilizar a fractura. Despois da cirurxía, recoméndase administrar medicamentos para previr a trombose.

As fracturas de cadeira son máis comúns nas persoas maiores, especialmente as que padecen osteoporose. A condición afecta a máis mulleres que homes. Ao redor do 15% das mulleres fracturarase a cadeira nalgún momento da súa vida. Nas persoas maiores, o risco de morte no ano seguinte a unha fractura é dun 20%.

Tipos de fracturas do cadril miniatura|Esquema onde se pode visualizar os diferentes tipos de fractura do cadril en función de onde se produce a fractura. En función da parte do óso fracturada, establécese unha clasificación nas fracturas do cadril. Intracapsulares: a fractura prodúcese dentro da cápsula articular da cadeira. Dentro das fracturas intracapsulares, atópanse: Fracturas da cabeza femoral. Fracturas do colo femoral ou cervicais. En función da parte do colo femoral onde se localice, subclasifícanse en subcapital, transcervical ou basicervical. Extracapsulares: a fractura prodúcese fóra da cápsula articular. Divídense, á súa vez, en: Intertracantéreas Pertrocantéreas Subtrocantéreas

Tratamento O tratamento da fractura do cadril descansa en tres piares: o tratamento definitivo mediante cirurxía, o tratamento dos síntomas, como a dor; e a prevención de complicacións, como as úlceras, as infeccións ou as embolias venosas.

Cirurxía miniatura|Clavo endomedular curto, unha das opcións terapéuticas cirúrxicas da fractura do cadril. A operación para solucionar a fractura de cadril é complexa de depende do tipo de fractura. Idealmente, se as condicións do doente o permiten, cómpre operar a fractura antes das 48 horas desde o inicio da fractura. Pasado este prazo, aumentan as complicacións e a mortalidade asociada a esta doenza.

En función do tipo de fractura, a intervención cirúrxica abrangue a redución da fractura e a súa fixación, na que se pode incluír: os enclavados endomedulares, tanto curtos coma longos; as próteses, ben sexan parciais ou totais; parafusos caulados ou placas.

Rehabilitación Existen evidencias de que a rehabilitación mellora a recuperación funcional nos doentes afectos de fractura do cadril. O 40% dos individuos con fracturas de cadeira tamén son diagnosticados con demencia ou deterioración cognitivo leve que adoita producir resultados poscirúrxicos peores. Nestes casos demostrouse que os modelos de rehabilitación e coidados avanzados teñen efectos positivos limitados na redución do delirio e a duración da estancia hospitalaria. Non está claro se o uso de esteroides anabolizantes afectan a recuperación.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Osteoporose

Categoría:Doenzas Categoría:Traumatoloxía