A disomía uniparental prodúcese cando unha persoa recibe dúas copias dun cromosoma, ou de parte dun cromosoma, dun dos proxenitores e ningunha copia do outro. A disomía uniparental pode ser o resultado de heterodisomía, na cal se herdan un par de cromosomas non idénticos dun proxenitor (un erro nos estadios iniciais da meiose I) ou isodisomía, na cal se duplica un só cromosoma dun proxenitor (un erro nos estadios posteriores da meiose II). A disomía uniparental pode ter relevancia clínica por varias razóns. Por exemplo, a isodisomía ou heterodisomía poden alterar a impronta xenómica específica de proxenitor, o que resulta en trastornos de impronta. Adicionalmente, a isodisomía leva a grandes bloques de homocigosidade, o cal pode conducir a deixar ao descuberto xenes recesivos, un fenómeno similar visto en nenos endogámicos de pais consanguíneos.
A disomía uniparental ocorre en aproximadamente 1 de cada 2.000 nacementos.
Fisiopatoloxía
A disomía uniparental pode ocorrer como un evento aleatorio durante a formación de óvulos ou espermatozoides ou pode ocorrer no desenvolvemento fetal temperán. Poden tamén ocorrer durante o rescate trisómico.
Cando o neno recibe dous cromosomas homólogos diferentes (herdados de ambos os avós) procedentes dun proxenitor, isto chámase disomía uniparental heterodisómica. A heterodisomía (heterocigota) indica un erro na meiose I se o loci xénico en cuestión non sofre sobrecruzamento. Cando o neno recibe dúas copias de réplica (idénticas) dun só homólogo dun cromosoma, isto denomínase disomía uniparental isodisómica. A isodisomía (homocigota) indica unha duplicación cromosómica na meiose II (se o loci xénico en cuestión non sofre sobrecruzamento) ou postcigótico. Un erro na meisoe I pode orixinar unha disomía uniparental isodisómica se o loci xénico en cuestión se sobrecruza, por exemplo, unha isodisomía distal deberíase a loci xénicos duplicados da avoa materna que se sobrecruzaron debido a un erro durante a meiose I, acabando nun mesmo gameto. Un erro na meiose II pode resultar en disomía uniparental heterodisómica se o loci xénico se sobrecruza de maneira similar.
Fenotipo Moitos dos casos de disomía uniparental non orixinan anomalías fenotípicas. Porén, se o evento causante da disomía uniparental ocorreu durante a meiose II, o xenotipo pode incluír copias idénticas do cromosoma uniparental (isodisomía), o que causa a manifestación de raros trastornos recesivos. Pode sospeitarse disomía uniparental nun individuo que manifesta un trastorno recesivo onde soamente un proxenitor é portador.
A herdanza uniparental de xenes improntaos poden tamén resultar en anomalías fenotípicas. Aínda que se identificaron poucos xenes improntados, a herdanza uniparental dun xene improntado pode resultar na perda de función xénica, o cal pode causar un atraso no desenvolvemento, discapacidade intelectual, ou outros problemas médicos. As condicións médicas mellor coñecidas son a síndrome de Prader–Willi e a síndrome de Angelman. Ambos os trastornos poden ser causados pola disomía uniparental ou outros erros na impronta que implican xenes situados no brazo longo do cromosoma 15.Angelman Syndrome, Online Mendelian Inheritance in Man Outras condicións, como a síndrome de Beckwith–Wiedemann, están asociadas con anormalidades de xenes improntados no brazo curto do cromosoma 11. O cromosoma 14 que tamén se sabe causa síntomas particulares como anormalidades esqueléticas, discapacidades intelectuais e contracturas das articulacións, entre outros. A disomía uniparental raramente foi estudada prospectivamente, e a maioría dos informes están enfocados a condicións coñecidas ou descubrimentos accidentais. Propúxose que a incidencia non pode ser tan baixa coma se pensaba; senón que de moitos casos non se debeu informar.
En todos os cromosomas
A disomía uniparental de todo o xenoma, tamén chamada diploidía uniparental prodúcese cando todos os cromosoms se herdan dun só proxenitor. Este fenómeno soamente pode ser compatible coa vida en forma de mosaico xenético. En 2017 informárase só de 18 casos de disomía uniparental de todo o xenoma.
Historia Eric Engel foi o primeiro en propoñer o concepto de disomía uniparental en 1980, no cal ambos os cromosomas homólogos se herdan dun só proxenitor, sen contribución (para ese cromosoma) do outro proxenitor. Oito anos máis tarde, en 1988, informouse do primeiro caso clínico de disomía uniparental que afectaba unha nena con fibrose quística e baixa estatura que portaba dúas copias do cromosoma 7 materno. Desde 1991 dun total de 47 posibles disomías, 29 delas foran identificadas entre individuos determinadas por razóns médicas. Isto inclúe os cromosomas 2, 5–11, 13–16, 21 e 22.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Aneuploidía
Ligazóns externas
T. Liehr: Casos de disomía uniparental UPD Animations: UPD Animations Este artigo incorpora texto en dominio público procedente de The U.S. National Library of Medicine
Categoría:Citoxenética