O torso de guerreiro de Armeá é un torso esculpido en granito dun guerreiro galaico descuberta no castro de Armeá. Respresenta a un guerreiro en actitude hierática e ríxida.
Mide 70 x 55 x 18 cm, porta braceiras, unha caetra, cinto e empuña na man dereita unha espada "parazolium" que descansa no corpo verticalmente. Inda que orixinalmente debía medir uns 2 metros, debeu ser feita cara o final do esplendor da cultura castrexa, xa en contacto coa cultura romana dentro do século I. É posible que estivese situada ás portas do poboado ou nalgún lugar emblemático, a súa monumentalidade reflicte a importancia e significado da ideoloxía do guerreiro e da guerra no mundo castrexo.
Este exemplar, semellante a outro similar atopado no mesmo xacemento, tamén garda similitude con outro portugués de Refojos de Basto.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Estatuas Categoría:Arte de Galicia Categoría:Arte da Idade Antiga Categoría:Cultura castrexa Categoría:Galaicos Categoría:Allariz