Marichi Tukulpan (en ) é un filme documental chileno-arxentino de 2024 dirixido e escrito por Paula Rodríguez Sickert. É unha coprodución de Errante e Docufilms de Chile e Gema Films da Arxentina. Estreouse na competición do Sheffield DocFest de Inglaterra, e nos cinemas de Chile o 29 de maio de 2025 a través de Miradoc.
Sinopse Unha activista e investigadora indíxena mapuche, Margarita Canio Llanquinao, explora a historia silenciada das atrocidades cometidas contra os seus devanceiros hai máis dun século. Durante o seu traballo de investigación atopa unha serie de testemuños de supervivientes mapuches que foron prisioneiros durante a conquista do Deserto e a ocupación da Araucania, así como detalles das atrocidades cometidas eles. Os testemuños permaneceran gardados e sen traducir nun museo de Berlín por máis dun século.
Notas
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua mapuche Categoría:Filmes de Chile Categoría:Filmes da Arxentina