O Congreso Internacional de Matemáticos de 1897 foi o primeiro Congreso Internacional de Matemáticos celebrado en Zúric, Suíza, entre o 9 de agosto e o 11 de agosto de 1897. Aínda que é considerado o primeiro Congreso Internacional de Matemáticos, o primeiro foi en 1893.

Os matemáticos relevantes do século XIX apareceron no cartel do Congreso: Jakob Bernoulli, Johann Bernoulli, Daniel Bernoulli, Leonhard Euler e Jakob Steiner.ICM 1897 Proceedings Ao congreso asistiron 208 matemáticos de 16 países, incluíndo 12 de Rusia e 7 de Estados Unidos. Só catro mulleres foron convidadas, incluíndo Iginia Massarini, Vera von Schiff, Charlotte Scott e Charlotte Wedell.

Aspectos científicos O Comité Internacional do Congreso enviou unha invitación en xaneiro de 1897, escrita por varios matemáticos. Na circular, solicitouse que todas as preguntas sobre o Congreso fosen formuladas a Carl Friedrich Geiser, de Küsnacht-Zürich. A circular foi enviada a 2000 matemáticos e físicos matemáticos, algúns co texto en alemán e outros en francés.

Antecedentes Georg Cantor foi un dos primeiros en promover conferencias matemáticas internacionais. En 1888, propuxo unha reunión entre matemáticos alemáns e franceses e máis tarde, entre 1894 e 1896, contactou con varios grandes matemáticos propoñendo unha conferencia internacional. Contou co apoio de Félix Klein, Heinrich Weber, Émile Lemoine e outros.

Cantor propuxo que se celebrase unha conferencia en 1897, xa fose en Suíza ou en Bélxica ao decatarse de que eran necesarias opcións neutras para que os matemáticos franceses e alemáns asistisen. Porén, propuxo que a primeira conferencia real tivese lugar en París en 1900 mais, axiña quedou claro que das dúas opcións, Suíza era privilexiada debido á súa reputación internacional. A Sociedade Matemática Alemá e a Sociedade Matemática Francesa apoiaron estas ideas e acordaron contactar con Carl Geiser en Zürich.

Consecuencias O Congreso de 1897 tivo tanto éxito que, en lugar de velo como un Congreso de proba, converteuse no primeiro Congreso Internacional de Matemáticos.

Notas

Categoría:Congreso Internacional de Matemáticos Categoría:1897