Ionuț Andrei Radu, nado en Bucarest o 28 de maio de 1997, é un futbolista romanés que xoga de porteiro no Celta de Vigo da Primeira División de fútbol de España.

Traxectoria Despois de comezar a súa formación como futbolista en equipos do seu país natal co Steaua București e o Dinamo București, mudouse posteriormente a Italia para adestrar co Inter de Milán. Xogou nos equipos xuvenís do club ata que debutou co primeiro equipo o 14 de maio de 2016 nun partido da Serie A contra o U.S. Sassuolo Calcio, un partido que rematou 3-1 en contra do Inter. Un ano e medio despois, após de regresar aos equipos xuvenís do Inter, foi cedido ao U.S. Avellino 1912 da Serie B. Un ano despois deixou o club para volver ser cedido, pero esta vez ao Genoa C. F. C., debutando co club o 26 de setembro de 2018 nun partido da Serie A contra o A.C. Chievo Verona.

Continuou xogando no club da cidade de Xénova na tempada 2019-20, despois de que o Inter o cedese novamente ao mesmo club tras activar unha opción de compra. Non chegou a terminar o curso alí, xa que en xaneiro marchou, tamén cedido, ao Parma Calcio 1913. Na tempada 2020-21 volveu ao equipo nerazzurro e o 8 de maio de 2021, uns días despois do quinto aniversario do seu debut, xogou o seu primeiro partido da tempada contra o UC Sampdoria. En xullo do ano seguinte foi cedido de novo, sendo o US Cremonese o seu novo destino. Permaneceu alí ata xaneiro, momento no que foi ao AJ Auxerre para completar a tempada. A tempada seguinte incorporouse ao AFC Bournemouth cun novo préstamo.

O 3 de febreiro de 2025, puxo fin á súa etapa no Inter de Milán tras asinar polo Venezia F.C. cun contrato ata xuño. Cando este expirou, incorporouse ao R.C. Celta de Vigo durante as seguintes catro tempadas.

Selección nacional O 23 de setembro de 2022 debutou coa selección romanesa nun partido da Liga de Nacións da UEFA 2022-23 contra Finlandia que rematou en empate a 1.

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Nados en Bucarest Categoría:Xogadores do Inter de Milán Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Romanía