María Virto Martínez, nada en Azagra (Navarra) en 2004, é unha estudante universitaria española e presidenta do Consello de Estudantes da Universidade Pública de Navarra (desde 2024) así como exdelegada de Matemágicos (2023–2025).
Biografía Cursou a educación secundaria obrigatoria no IESO Reyno de Navarra da Azagra e o bacharelato, no IES Ega de San Adrián. Xa na UPNA, foi integrante do Consello de Estudantes como vogal da Escola Técnica Superior de Enxeñaría Agronómica e Biociencias e forma parte da súa Xunta de Centro. Ademais, pertence ó Consello Social da Universidade. Desde outubro de 2023 é delegada de Matemágicos, equipo da Universidade Pública de Navarra na Liga Matemática, e desde decembro de 2024 é presidenta do Consello de Estudantes da UPNA.
Notas
Categoría:Nados en 2004 Categoría:Alumnos da Universidade Pública de Navarra