O termo Táboas pode referirse a:

Táboas, nome que ten o empate no xogo do xadrez; Táboas de barro de Astorga, son catro placas de barro cocido, conservadas actualmente no Museo Arqueológico de Asturias, que conteñen itinerarios de vías romanas de Hispania, nas que se sinalan mansións de diversas etapas das mesmas; Táboas de Vipasca, son dúas placas de bronce atopadas no sitio arqueolóxico de Vipasca, antigo centro mineiro romano atopado preto de Aljustrel, distrito de Beja, Portugal.

Como topónimo, pode referirse a:

En Galiza As Táboas, lugar da parroquia de Luneda, no concello da Caniza; As Táboas, lugar da parroquia de Vigo, no concello de Carral; As Táboas, lugar da parroquia de Soandres, no concello da Laracha.