Zacharias Kunuk (en ) é un director de cinema e produtor inuk, coñecido polo seu filme Atanarjuat, a primeira longametraxe dramática canadense producida integramente en lingua inuktitut e cun elenco totalmente indíxena.
É o presidente e cofundador de Igloolik Isuma Productions, a primeira produtora inuit independente do Canadá. Os seus cofundadores son Paul Qulitalik, Paul Apak Angilirq e Norman Cohn (o único membro do equipo que non é inuk). Atanarjuat (2001) foi nomeada como o mellor filme canadense de todos os tempos pola enquisa do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2015.
Traxectoria Zacharias Kunuk naceu en Kapuiviit (Illa Jens Munk) na Illa de Baffin, Nunavut (daquela parte dos Territorios do Noroeste), no Canadá. En 1966, asistiu á escola de Igloolik. Alí esculpiu e vendeu esculturas de xabón para poder pagar entradas para o cinema. A medida que a súa habilidade melloraba, puido mercar cámaras e fotografar escenas de caza inuit. Cando ouviu falar das cámaras de vídeo en 1981, mercou o equipo básico para aprender por si mesmo a crear os seus propios filmes."Zacharias Kunuk." Famous, Should Be Famous, and Infamous Canadians. (consultado o 29 de xaneiro de 2011)
En 2002, Kunuk foi nomeado oficial da Orde do Canadá."Carleton Stories" Zacharias Kunuk Shares Intimate Picture of the North. (consultado o 27 de febreiro de 2017)
O seu segundo filme, The Journals of Knud Rasmussen, no cal é coguionista e codirector xunto con Norman Cohn, é unha coprodución con Dinamarca. Estreouse o 7 de setembro de 2006 como filme de apertura do Festival Internacional de Cinema de Toronto.
En xuño de 2007, Zacharias Kunuk filmou o rescate e regreso do seu pai, Enoki Kunuk, que estivera perdido durante 27 días na tundra ártica.
Kunuk é o cofundador de Inuit Qaujimajatuqangit, xunto con Ian Mauro da Escola de Estudos Ambientais da Universidade de Victoria. O obxectivo do proxecto é recompilar información dos anciáns inuit para un filme sobre a perspectiva inuit sobre o impacto do cambio climático na cultura inuit e no medio ambiente. O proxecto presentou un vídeo ás Nacións Unidas para a Conferencia de Copenhague sobre o Cambio Climático COP15 de 2009 que se presentou na Galería Nacional de Dinamarca.
Desde abril de 2011, Kunuk desenvolveu un proxecto co cineasta cree Neil Diamond sobre o conflito do século XVIII entre cree e inuit, que durou case un século.
En xullo de 2017, Kunuk uniuse á Academia das Artes e as Ciencias Cinematográficas, como parte dos 774 novos membros convidados ese ano.
En marzo de 2019, Kunuk foi nomeado membro da Orde de Nunavut, o único membro da clase de 2018 da Orde.
Filmografía Nunavut: Our Land - 1995, director e guionista da serie de televisión. Atanarjuat - 2001, director, produtor, guionista e editor. Kunuk Family Reunion - 2004, director e produtor do documental de televisión Weird Sex and Snowshoes: A Trek Through Canadian Cinematic Psyche - 2004, apareceu nun documental de televisión The Journals of Knud Rasmussen - 2006, director, produtor e director artístico Before Tomorrow - 2008, produtor executivo Tungijuq - 2009, produtor executivo da curtametraxe Home - 2011, director e guionista da curtametraxe Sirmilik - 2011, director do documental Maliglutit - 2016 SG̲aawaay Ḵ'uuna - 2018, produtor executivoCatherine Porter, "Reviving a Lost Language of Canada Through Film". The New York Times, 11 de xuño de 2017. Kivitoo: What They Thought of Us - 2018 One Day in the Life of Noah Piugattuk - 2019 Angakusajaujuq: The Shaman's Apprentice - 2021 Uiksaringitara - 2025Jamie Casemore, "Zacharias Kunuk’s Uiksaringitara to have world premiere in Berlin". Playback, 16 de xaneiro de 2025.
Libros Angakusajaujuq: The Shaman's Apprentice (2021)
Notas
Categoría:Nados en 1957 Categoría:Directores de cinema do Canadá Categoría:Indixenistas de América