Henri-Philippe-Omer Pétain, nado en Cauchy-à-la-Tour o 24 de abril de 1856 e finado en Port-Joinville (Illa de Yeu) o 23 de xullo de 1951, foi un militar e estadista francés, mariscal de Francia en 1918.

Considerado un salvador de Francia durante a primeira guerra mundial, foi o xefe de Estado e do goberno colaboracionista de Vichy de 1940 a 1944, durante a ocupación nazi na segunda guerra mundial. Condenado a morte por traizón, a pena seríalle conmutada pola cadea perpetua por parte do xeneral Charles De Gaulle.

Véxase tamén

Categoría:Primeiros ministros de Francia Categoría:Presidentes de Francia Categoría:Militares de Francia Categoría:Primeira guerra mundial Categoría:Personalidades da segunda guerra mundial Categoría:Nados no departamento do Paso de Calais Categoría:Nados en 1856 Categoría:Finados en 1951 Categoría:Personalidades da primeira guerra mundial