Un ducado é un país, territorio, feudo ou dominio gobernado por un duque ou duquesa, un rol xerarquicamente segundo ao de rei ou raíña na tradición da Europa Occidental. Os grandes ducados, como Luxemburgo, eran xeralmente independentes e soberanos, máis comúns no Sacro Imperio Romano Xermánico.
Historia No Imperio Romano tardío, a palabra ducado designaba inicialmente unha circunscrición territorial sometida á xurisdición dun duque (dux), quen despois pasou a exercer só funcións militares. Coas invasións xermánicas, o termo adoptou novas características: no Reino Visigodo, o ducado coincidía coa extensión das antigas provincias romanas e quedaba baixo autoridade militar dun duque. A monarquía merovinxia consolidou os ducados como centros administrativos con funcións civís e militares, mentres que os longobardos os organizaron como entidades independentes. Os primeiros reis carolinxios trataron de reducir esta autonomía, mais a decadencia do Imperio Carolinxio permitiu que os ducados se consolidasen como unidades territoriais. En Alemaña, algúns destes ducados, como Saxonia, Baviera ou Suabia, chegaron a independizarse da autoridade imperial, para algúns ser elixidos posteriormente como emperadores do Sacro Imperio Romano Xermánico.
Exemplos
Grandes Ducados
Gran Ducado de Finlandia Gran Ducado de Hesse-Darmstadt Gran Ducado de Lituania Gran Ducado de Luxemburgo Gran Ducado de Toscana
Ducados en Austria, Alemaña, Italia e os Países Baixos
Arquiducado de Austria Ducado de Baviera Ducado de Brabante Ducado de Carintia Ducado de Ferrara Ducado de Franconia Ducado de Gülders Ducado de Limburgo Ducado de Lorena Ducado da Baixa Lorena Ducado de Luxemburgo Ducado de Mantua Ducado de Milán Ducado de Módena Ducado de Parma Ducado de Savoia Ducado de Saxonia Ducado de Spoleto Ducado de Suabia
Ducados en Inglaterra
Ducado de Cornualla
Ducados en Francia
Ducado de Anjou Ducado de Aquitania Ducado de Berry Ducado de Borbón Ducado da Bretaña Ducado de Borgoña Ducado de Normandía Ducado de Orleáns
Ducados en Polonia
Gran Ducado de Varsovia
Ducados en España
Ducado de Mandas e Villanueva
Outros ducados actuais ou históricos
Ducado de Limburgo Ducado de Gascuña Ducado de Atenas
Notas
Categoría:Ducados