O Vlaams Belang (en neerlandés, Interese Flamengo) é un partido político flamengo herdeiro do Vlaams Blok (Bloque Flamengo), ilegalizado en 2004 acusado de promover o racismo e a xenofobia. O Vlaams Belang defínese como republicano, independentista, de dereitas e defensor dos intereses dos flamengos. O seu bastión principal é Anveres, cidade na cal nas eleccións do 8 de outubro de 2006 obtivo un 33'51% dos votos. Amósase partidario da expulsión dos inmigrantes ilegais e contrario ó fundamentalismo islámico. O seu eslogan é Eigen volk eerst (Primeiro, o propio pobo). As súas xuventudes son as Vlaams Belang Jongeren.

Véxase tamén Ligazóns externas Vlaams Belang, web oficial

Categoría:Partidos políticos de Bélxica Categoría:Partidos nacionalistas flamengos Categoría:Partidos conservadores Categoría:Independentismo en Bélxica