Unha placa computadora, monoplaca ou SBC (Single-board computer, pola súa sigla en inglés) é un ordenador completo construído nunha única placa de circuíto, con microprocesador(es), memoria, entrada/saída (E/S) e outras características necesarias para un ordenador funcional. As placas computadoras fabrícanse habitualmente como sistemas de demostración ou desenvolvemento, para sistemas educativos ou para o seu uso como controladores informáticos integrados. Moitos tipos de ordenadores domésticos ou portátiles integran todas as súas funcións nunha única placa de circuíto impreso.

A diferenza dun ordenador persoal de escritorio, as placas computadoras a miúdo non dependen de baías de expansión para funcións periféricas ou expansión. As placas computadoras construíronse empregando unha ampla gama de microprocesadores. Os deseños sinxelos, como os construídos por afeccionados á informática, adoitan usar RAM estática e procesadores de baixo custo de 32 ou 64 bits como ARM. Outros tipos, como os servidores blade, terían un rendemento similar a un ordenador servidor, só que nun formato máis compacto.

Un ordenador modular (COM) é un tipo de monoplaca deseñado para conectarse a unha placa base ou un backplane para a expansión do sistema.

Notas

Véxase tamén Outros artigos KIM-1 Raspberry Pi

Ligazóns externas

Categoría:Microcomputadoras Categoría:Terminoloxía electrónica