A provincia de Granada é unha provincia española que forma parte de Andalucía, a súa capital é a cidade homónima de Granada. O xentilicio que designa aos seus habitantes é granadino.
Localización e características Limita, polo oeste, coas provincias de Málaga e de Córdoba; polo norte con Xaén, polo nordés con Albacete e máis Murcia; polo leste con Almería e polo sur linda co mar Mediterráneo.
Ocupa unha superficie de 12.635 km², cunha poboación de 854.419 habitantes (2005), dos que aproximadamente un 30% viven na capital. A densidade de poboación é de 68,18 hab/km². Está dividida en 172 concellos.
Os principais núcleos de poboación son Granada, a capital, e as localidades de Motril, Guadix, Baza e Loja.
A provincia está cruzada pola serra Penibética, onde salienta a montaña máis alta da Península Ibérica, o Mulhacén, cunha altura de 3.482 metros sobre o nivel do mar. Comparte coa provincia de Almería o Parque Nacional de Serra Nevada.
Comarcas Comarca de Alhama Alpujarra de Granada Comarca de Baza Costa Tropical Comarca de Guadix Comarca de Huéscar Comarca de Loja Los Montes Val de Lecrín Vega de Granada
Demografía
Véxase tamén Rexión de Granada
Granada