Hungría () (en húngaro: Magyarország ) é un país de Europa central. Fai fronteira con Austria ó oeste, Eslovaquia e Ucraína ó norte, Romanía ó leste e Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur. Ten unha poboación de ó redor de dez millóns de habitantes distribuídos en 93.030 quilómetros cadrados.

A súa capital é Budapest, a maior cidade do país que concentra o 25% de toda a poboación húngara. A poboación é das máis homoxéneas etnicamente de toda Europa, estando composta na súa maioría polos maxiares, termo polo cal os húngaros se chaman. Os maxiares eran un pobo nómade que ocupou a meseta dos Cárpatos no século IX, loitando contra outros pobos durante séculos para manterse no mesmo lugar. Mesmo oprimidos por austríacos, turcos e rusos, os maxiares permaneceron unidos.

O nome Hungría vén do turcoThe Hungarians On-ogur que significa Dez lanzas e simbolizaba a unión das dez tribos que ocuparan o territorio húngaro no século IX, sete tribos maxiares e tres khazares. O termo latino hunni para os hunos, antigo pobo que dominou Hungría ata o século IV, xerou os termos latinos para definir Hungría. O termo maxiar probablemente vén das palabras magi e eri, a primeira de raíz proto-úgrica significa home ou pobo e a segunda do turco, co mesmo significado de pobo. O 1 de xaneiro do 2004 Hungría ingresou na Unión Europea, xunto a outros dez países, a maioría do leste europeo, entre os que se atopaban os países bálticos, a República Checa, Eslovaquia e Polonia.

Historia

miniatura|esquerda|Árpád A chegada das tribos maxiares baixo o mando de Árpád ás chairas da Europa central no ano 896 marca o comezo do primitivo estado húngaro. Arredor do ano 1000 o rei Estevo convértese ó cristianismo converténdose así Hungría nun estado cristián. Durante a Idade Media o reino húngaro estenderase á chaira sur dos Cárpatos e a do río Danubio, englobando o que hoxe son Eslovaquia, Transilvania (Romanía), Voivodina (Serbia) e Eslavonia (Croacia).

A derrota da batalla de Mohács (1526) fará que o reino desapareza, conservándose só unha estreita franxa da antiga Pózsony (Pressburg, hoxe en día Bratislava). Unida dinasticamente ás posesións dos Habsburgo, non será ata finais do século XVII e comezos do XVIII cando se produza a reconquista dos territorios perdidos. A revolución de 1848 provocará a revolta na Hungría e a súa proclamación de independencia baixo o goberno de Lajos Kossuth. Os Habsburgo rematarán coa revolta no ano seguinte coa axuda da Rusia de Nicolao I, iniciándose así un período de represión política que só amainará a partir de 1860.

Trala derrota austríaca na batalla de Sadowa (1866) o goberno imperial acordará coas personalidades húngaras máis influentes a restauración das institucións propias, materializándose en 1867. A finais da primeira guerra mundial, o goberno estivo nas mans da poderosa aristocracia terratenente, que levou a cabo unha campaña de marxinación das minorías étnicas. No ano seguinte os comunistas, dirixidos por Béla Kun, tratarán de chegar ó poder, sendo finalmente derrotados polas forzas contrarrevolucionarias axudadas polo exército romanés. Por causa da derrota na Gran Guerra, estoura o novembro de 1918 en Budapest unha revolta que acabará coa proclamación da república, presidida polo comité de Mihály Károlyi.

Período de entreguerra O 4 de xuño de 1920 asinábase o Tratado de Trianon no que establecían as novas fronteiras do país. Comparado co reino de preguerra, Hungría perdera o 71% do seu territorio e o 66% da súa poboación. Coas novas fronteiras, un terzo da poboación maxiar converteuse nunha minoría nos países veciños, co tratado, Hungría tamén perdera o seu único porto marítimo en Fiume (hoxe Rijeka). Estes cambios provocarían que a cultura e a política húngara do período de entreguerra estivesen dominadas polo irredentismo (a restauración histórica da "Gran Hungría").

Formalmente Hungría constituíuse nunha monarquía sen rei, gobernada polo rexente, o almirante Miklós Horthy, quen implantou o terror branco con campos de concentración para os elementos contrarios á súa política e no exterior seguindo unha política pro-xermana.

Segunda guerra mundial O país converteuse en aliado da Alemaña Nazi a partir 1933, coa esperanza de recuperar os territorios perdidos na primeira guerra mundial. A alianza fixo que Hungría recuperase algúns dos seus territorios perdidos nos dous Arbitrados de Viena. Esta alianza fixo que Hungría axudase ós alemáns á ocupación do Reino de Iugoslavia, ocupando o Backa e comezando a loitar na segunda guerra mundial en 1941, loitando contra a Unión Soviética. Despois de sufrir grandes perdas na Unión Soviética o goberno húngaro comezou negociacións cos líderes aliados. Como consecuencia disto as tropas alemás ocuparon o país o 19 de marzo de 1944 (Operación Margarethe), namentres o pro-occidental Miklós Horthy fora substituído polos comandos alemáns o 15 de outubro (Operación Panzerfaust). O goberno monicreque nazi dirixido por Ferenc Szálasi e o partido da cruz frechada mantería o país do lado alemán ata a fin da guerra.

Holocausto Hungría foi o primeiro país que permitiu a existencia de leis antisemitas; as "numerus clausus" de 1920 restrinxían o acceso dos xudeus a unha educación superior. A finais de 1930, promulgáronse máis leis e comezaron a ser masacrados os xudeus polas forzas húngaras. Aínda así, Hungría resistiuse a deporta-los seus xudeus. En maio e xuño de 1944, durante a ocupación alemá a policía húngara deportou a máis de 440.000 xudeus en máis de 145 trens, a maioría a Auschwitz. Durante o holocausto máis de 400.000 húngaros foron asasinados, xunto con centos de xitanos. Centos de húngaros foron executados por axudar ós xudeus, entre eles a irmá Sara Salkahazi. Xefes de estado e diplomáticos axudaron a salvar moitas vidas, entre eles o Papa Pío XII, Raoul Wallenberg ou Carl Lutz.

Era Soviética

Trala caída da Alemaña nazi, Hungría quedou baixo a influencia soviética converténdose nun estado comunista ó que lle seguiu un curto réxime democrático entre 1946-1947. Despois de 1948, o líder comunista Mátyás Rákosi estableceu un réxime stalinnista no país que estableceu un férreo control sobre o país, con purgas e a represión efectuada pola policía política, o que provocou a Revolución Húngara de 1956, aplacada polas tropas soviéticas. Preto dun cuarto de millón de persoas abandonou o país nese ano. Dende a década de 1960 ata 1980 Hungría foi gobernada de xeito autocrático por János Kádár.

Terceira República A finais de 1980, Hungría comezou a dirixirse cara a unha democracia e a unha economía de mercado. Declarándose o 23 de outubro de 1989, a Terceira República Húngara, con Mátyás Szűrös presidente da república. As primeiras eleccións libres tiveron lugar en 1990, seguindo o colapso da Unión Soviética en 1991.

Nas últimas décadas Hungría comezou a desenvolver relacións coa Europa Occidental, e con outros países de Europa central, converténdose en membro do Grupo Visegrád en 1991, uníndose á OTAN en 1999 á Unión Europea o 1 de maio do 2004.

Política

miniatura|300px|Parlamento húngaro en Budapest O Presidente da República, electo polo parlamento cada catro anos , ten un papel cerimonial, aínda que os seus poderes inclúen o nomeamento do primeiro ministro. O primeiro ministro escolle ós membros do goberno e ten o dereito exclusivo a destituílos. Cada un dos nomeados para o goberno debe presentarse diante dun ou máis comités parlamentarios e ten que ser formalmente aprobado polo presidente.

A Asemblea Nacional unicameral, con 386 membros (ou Országgyűlés), é o máis alto órgano de autoridade do estado e propón e aproba a lexislación co aval do primeiro ministro. Un partido ten que obter polo menos o 5% dos votos para poder formar un grupo parlamentario. As eleccións parlamentarias nacionais teñen lugar cada catro anos.

Nos partidos húngaros as principais tendencias políticas son: a esquerda (a centro esquerda e a extrema esquerda) e a dereita (a centro dereita e a extrema dereita). Os partidos políticos húngaros máis importantes son:

Partido Socialista Húngaro (Magyar Szocialista Párt, MSZP) Alianza de Demócratas Libres (Szabad Demokraták Szövetsége, SZDSZ) Alianza de Xoves Demócratas (Fiatal Demokraták Szövetsége, FIDESZ) Foro Democrático Húngaro (Magyar Demokrata Fórum, MDF)

Divisións administrativas miniatura|300px|Rexións de Hungría miniatura|300px|Condados de Hungría

Hungría está subdividida administrativamente en 19 condados máis a capital , Budapest. Dende 1996, os condados e maila capital agrúpanse en 7 rexións e tamén hai 23 vilas con dereitos de condado (megyei jogú város), chamados condados urbanos , estes son:

Condados urbanos Condados (Capital do condado) Rexións Békéscsaba Debrecen Dunaújváros Eger Érd Győr Hódmezővásárhely Kaposvár Kecskemét Miskolc Nagykanizsa Nyíregyháza Pécs Salgótarján Sopron Szeged Székesfehérvár Szekszárd Szolnok Szombathely Tatabánya Veszprém Zalaegerszeg Bács-Kiskun (Kecskemét) Condado de Baranya (Pécs) Békés (Békéscsaba) Borsod-Abaúj-Zemplén (Miskolc) Csongrád (Szeged) Fejér (Székesfehérvár) Győr-Moson-Sopron (Győr) Hajdú-Bihar (Debrecen) Heves (Eger) Jász-Nagykun-Szolnok (Szolnok) Komárom-Esztergom (Tatabánya) Nógrád (Salgótarján) Pest (Budapest) Somogy (Kaposvár) Szabolcs-Szatmár-Bereg (Nyíregyháza) Tolna (Szekszárd) Vas (Szombathely) Veszprém (Veszprém) Zala (Zalaegerszeg) Transdanubia occidental Transdanubia meridional Transdanubia central Hungría central Hungría do norte Gran chaira do norte Gran chaira do sur

Xeografía miniatura|Montañas Matra dende o Kékes miniatura|Lago en Csatár (Zala)

Cunha superficie de 93 030 quilómetros cadrados, Hungría é un país de Europa Central. Mide uns 250 quilómetros de norte a sur e 524 quilómetros de leste a oeste. Ten 2 258 quilómetros de fronteiras que comparte con Austria ó oeste, Serbia, Croacia e Eslovenia ó sur e suroeste, Romanía ó leste, Ucraína ó nordés e Eslovaquia cara ó norte.

As fronteiras modernas de Hungría estabelecéronse por primeira vez despois da primeira guerra mundial cando, nos termos do Tratado de Trianon en 1920, perdeu máis do 71% do que fora antes o Reino de Hungría ademais do 58,5% da súa poboación e o 32% dos húngaros. O país sufriu unha serie de revisións dos seus límites dende 1938 até 1941.

En 1938, a Primeira Arbitraxe de Viena devolveulle o territorio de Checoslovaquia, en 1939 Hungría ocupou os Cárpatos ucraínos e en 1940, a Segunda Arbitraxe de Viena devolveulle o norte de Transilvania, para finalmente ocupar Bácska e as rexións de Muraköz durante a invasión de Iugoslavia. Con todo, Hungría perdeu eses territorios de novo coa súa derrota na segunda guerra mundial e despois da guerra as fronteiras de Trianon foron restauradas cunha pequena revisión da que se beneficiou Checoslovaquia.

Hungría ocupa a chaira media do río Danubio, terra chá formada polos aluvións deste río e o seu afluente o río Tisza coñecida como chaira húngara e que tamén se estende polo norte de Serbia, sur de Eslovaquia e o oeste de Romanía. Ó oeste destaca o Lago Balatón un dos máis grandes de Europa. O segundo maior lago da bacía carpática, e probablemente o maior lago artificial de Europa, é o Tisza.

A paisaxe húngara consta de chairas chás e onduladas cara á bacía carpática, de outeiros e montañas baixas ó norte ó longo da fronteira eslovaca (o punto máis alto é o Kékes con 1 014 m). O clima é continental, con invernos fríos, veráns quentes e precipitacións medias. En Budapest a media de xaneiro é de -1.0 °C, a de xullo de 21.9 °C. As precipitacións anuais son de 498 mm.

Economía