Santiago Aloguin Roig, nado en Deltebre (Tarragona) o 29 de outubro de 1914 e finado en Sabadell en abril de 1985, foi un mestre catalán aveciñado en Galicia.

Traxectoria Fillo do mestre e profesor da Normal Narciso Aloguin Benedito. Estudou maxisterio. Cursillista de 1933.El Magisterio Español, 10-7-1934, p. 17. Foi mestre na escola de Papín (Penarrubia, Baralla) dende 1934. Conseguiu para a escola de Papín unha das bibliotecas do Padroado das Misións Pedagóxicas.Ficha de Santiago Aloguin RoigEl Pueblo Pallego, 20-12-1935, p. 12. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído en setembro.BOP Lugo, 16-9-1936, p. 1. Foi detido e ingresou no cárcere de Lugo o 22 de outubro de 1937, do onde saíu en liberdade provisional o 23 de outubro de 1939. Como resultado do proceso de depuración foi separado definitivamente do servizo e baixa na escala en 1940.BOP Lugo, 20-2-1940, p. 2. Impartiu clases privadas nunha academia de Sarria durante un tempo. En 1950 marchou coa muller e os fillos a Deltebre onde intentou subsistir dando clases particulares, pero as autoridades prohibíronlle exercer esa actividade e a familia padeceu graves penurias económicas, aliviadas en parte coas axudas dos familiares de Lugo. En 1964 conseguiu a rehabilitación e foi destinado a Sariñena (Huesca) e posteriomente a La Cava (Tarragona). Por concurso de traslados pasou á escola de Polinyà de Xúquer (Valencia) e en 1966 a Sant Jaume d'Enveja (Tarragona), onde permaneceu ata 1972. O seu último destino foi Sabadell, onde finou en abril de 1985 con 70 anos.Diario de Sabadell, 24-4-1985, p. 2.

Vida persoal

Casou con Teresa Arias Varo, filla de Felipe Arias Vázquez e Teresa Varo, e foi pai de Teresa Alonguin Arias.Entrevista biogràfica: Tere Aloguin, una dona amb història Notas

Véxase tamén Ligazóns externas A escola de Papín

Con Alfonso de Caldeiro

Ficha en represión franquista en Lugo

Categoría:Profesores de Cataluña Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Tarragona Categoría:Nados en 1914 Categoría:Finados en 1985