Luis García Vázquez, coñecido como Relojero, nado en Becerreá cara a 1909 e finado en Lugo o 13 de maio de 1938, foi un reloxeiro e político galego.

Traxectoria Fillo de Jesús García Rodríguez e Otilia Vázquez. Reloxeiro de Becerreá. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido por forzas de Falange con Manuel Gómez Lombardía. Ingresaron na Prisión de Lugo o 24 de agosto. Procesado na causa 190/37 xunto co seu irmán Jesús Salvador García Vázquez, Abel Valcárcel Puente, Emilio Núñez Cabana, Ricardo García Santín, Isidro Valentín Gómez Gerbolés, Nicomedes Lamas Díaz, Pedro Gutiérrez Gutiérrez, José González Rivero, José María Fátima Ben-Alí, José M. Freijo López, Nicolás Freijo López e José Poy Arrojo, foron xulgados en consello de guerra o 16 de febreiro de 1938; Luis García foi condenado a pena de morte por rebelión xunto con Manuel Villares Gómez e Manuel Fernández Núñez. Foi executado nas tapias do cuartel da Garda Civil de Lugo ás 6 h do 13 de maio de 1938 canda Consuelo Alonso González e Claudio Arrojo Suárez. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1939,BOP Lugo, 14-1-1939, p. 1. e foi sancionado cunha multa de 50 pesetas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Expediente procesual de Luis García Vázquez Expediente de responsabilidade política contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez

Peza separada de responsabilidade civil contra Nicomedes Lamas Díaz, Abel Valcarce Puente e Luis García Vázquez

Ficha en Represión franquista en Lugo

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1909 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos