Los Jaivas é unha banda chilena de rock,Biografía Los Jaivas , SCD, Visitada el 22 de agosto de 2007 coñecida pola súa fusión de rock psicodélico e progresivo con instrumentos e ritmos folclóricos latinoamericanos, especialmente andinos. Formado en Viña del Mar, Rexión de Valparaíso, Chile, en 1963, o grupo mantivo a súa actividade ininterrompida dende entón. A miúdo son considerados como a banda máis importante e influente de Chile e unha das máis prestixiosas de Suramérica.
Ademais de compor, arranxar e interpretar un extenso repertorio propio, o grupo musicalizou obras de salientables poetas e compositores chilenos, como o Premio Nobel Pablo Neruda, e realizou arranxos e interpretado pezas de figuras icónicas como Violeta Parra e Osvaldo Rodríguez.
Discografía 1971: El volantín 1973: La ventana 1975: Los Jaivas 1977: Canción del sur 1979: Los sueños de América (con Manduka) 1981: Alturas de Machu Picchu 1982: Aconcagua 1984: Obras de Violeta Parra 1989: Si tú no estás 1992: Palomita blanca 1995: Hijos de la Tierra 1997: Trilogía: El reencuentro 1999: Mamalluca 2001: Arrebol
Notas
Categoría:Grupos musicais formados en 1963 Categoría:Grupos musicais de Chile Categoría:Grupos musicais de folk