Arieh Warshel, nado en Sde Nahum, Israel, o 20 de novembro de 1940, é un fisicoquímico israelí (nacionalizado estadounidense). En 2013 recibiu o Premio Nobel de Química xunto con Michael Levitt e Martin Karplus polo desenvolvemento de modelos e programas informáticos que permiten comprender e predicir o comportamento de complexos procesos químicos. Na actualidade é catedrático de Química e Bioquímica na Universidade do Sur de California.[http://www.nobelprize.org/nobel_prizes/chemistry/laureates/2013/press.html The Nobel Prize in Chemistry 2013]
Traxectoria Warshel graduouse en Química no Technion (1966) e doutorouse en Fisicoquímica no Instituto Weizmann de Ciencias (1969). Realizou o seu posdoutoramento na Universidade Harvard e, en 1972, regresou ao Instituto Weizmann, onde permaneceu catro anos.
En 1976 incorporouse ao departamento de Química da Universidade do Sur de California, onde continúa como catedrático de Química e Bioquímica.
Premio Nobel de Química O 9 de outubro de 2013 Warshel foi galardoado, xunto con Michael Levitt e Martin Karplus, co Premio Nobel de Química «polo desenvolvemento de modelos multiescala de sistemas químicos complexos».
O traballo iniciado entre 1970 e 1976 sentou as bases dos programas informáticos empregados hoxe para simular o comportamento real das reaccións químicas.[http://www.abc.com.py/ciencia/nobel-de-quimica-para-karplus-levitt-y-warshel-626539.html Nobel de Química para Karplus, Levitt y Warshel] Estas ferramentas permiten formular procesos químicos e comprobar rapidamente distintos resultados, xerando predicións sen necesidade de experimentación clásica de laboratorio. A simulación facilita así o deseño de novos materiais ou fármacos e mesmo o estudo da creación de células solares máis eficientes.[http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/10/09/actualidad/1381313884_234389.html Nobel para la química computacional que simula incluso procesos biológicos] El País
Warshel realizou a primeira simulación de dinámica molecular dun proceso biolóxico e desenvolveu os modelos electrostáticos microscópicos para proteínas, unha achega fundamental na química computacional.O Nobel de Química 2013 premia as bases para entender e predicir os procesos químicos
Notas
Categoría:Científicos de Israel Categoría:Profesores da Universidade do Sur de California Categoría:Doutores honoris causa pola Universidade de Uppsala Categoría:Membros estranxeiros da Royal Society Categoría:Premios Nobel de Israel Categoría:Nados en Israel Categoría:Nados en 1940