Luis Manuel Insua Lago, nado en Fisterra en 1992, é un político galego do PPdeG.
Traxectoria Propietario dunha asesoría fiscal, contable e laboral. Foi árbitro de fútbol. Nas eleccións municipais de 2015 e 2019 formou parte da candidatura do PP en Fisterra, encabezadas por José Manuel Traba FernándezLa Voz de Galicia, Carballo, 17-5-2019, p. L5., se ben non resultou elixido. En febreiro de 2023 tomou posesión como concelleiro logo da renuncia dun compañeiro. Nas municipais de 2023 substiuiu a José Manuel Traba como cabeza de lista do Partido Popular en Fisterra, sendo a súa candidatura foi a máis votada con 5 concelleiros, se ben non obtivo a alcaldía logo de que os demais grupos políticos apoiasen na investidura á candidata de Alternativa dos Veciños Áurea Domínguez Sisto. En agosto de 2025 encabezou unha moción de censura que lle deu a alcaldía co apoio do edil tránsfuga de Alternativa Francisco Martínez Traba.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Fisterra
Ligazóns externas Luis Insua, PP de Fisterra: «Este mandato foi unha perda de oportunidades para Fisterra». Entrevista en La Voz de Galicia.
Categoría:Alcaldes de Fisterra Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Fisterra Categoría:Nados en 1992