O pobo stó꞉lō (/ˈstɔːloʊ/), tamén escrito como sto꞉lo, stó꞉lô ou stó꞉lõ, e historicamente como staulo, stalo ou stahlo, son un grupo de pobos das Primeiras Nacións que habitan o val do Fraser e o baixo Canón do Fraser da Columbia Británica, no Canadá. Forman parte do conxunto pouco definido de pobos salish da costa. Stó꞉lō é a palabra halqemeylem para "río", polo que os stó꞉lō son "a xente do río". A primeira referencia documentada a este pobo como "os stó꞉lō" aparece nos rexistros dos misioneiros oblatos católicos da década de 1880. Antes disto, as referencias eran principalmente a grupos tribais individuais como os matsqui, os ts’elxweyeqw ou os sumas.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Wells, Oliver N. (1987). The Chilliwacks and Their Neighbors. Editado por Ralph Maud, Brent Galloway e Marie Wheeden. Vancouver: Talonbooks.
Categoría:Pobos indíxenas do Canadá