miniatura|Temperaturas da capa de xeo de Groenlandia interpretadas co isótopo ¹⁸O a partir de 6 testemuños de xeo (Vinther, B., et al., 2009) A época fría da Idade de Ferro (tamén chamada clima pésimo da Idade de Ferro ou neoglaciación da Idade de Ferro) foi un período de clima infrecuentemente frío na rexión do Atlántico Norte, que durou aproximadamente desde o 900 a. C. ata o 300 a. C., cunha onda de frío especialmente intensa arredor do 450 a. C., durante a expansión da Grecia antiga.

Foi seguida polo Período cálido romano (250 a. C. – 400 d. C.). Gill Plunkett e Graeme T. Swindles da Queen's University Belfast empregaron capas de cinza volcánica e datación por radiocarbono para estabelecer o comezo da deterioración climática da Idade de Ferro en Irlanda no 750 a. C.

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Idade de Ferro